Categoría: Union Comarcal Pontevedra

  • Publicado o Convenio Colectivo do Sector do Comercio Detallista Téxtil de Pontevedra

    Podes consultar aquí o texto do Convenio Colectivo publicado no BOP.
    O sector de comercio detallista téxtil queda englobado en comercio vario

  • Mobilizacións o día 19 en toda Galicia «por uns salarios e emprego dignos»

    CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas
    (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para o
    vindeiro domingo, día 19. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os
    prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.

    MANIFESTACIÓNS
    -Santiago: 12 h, Alameda-Praterías
    -Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno

    CONCENTRACIÓNS
    -A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno
    -Ferrol: 12 h, edificio da Xunta
    -Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno
    -Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno
    -Vigo: 11.30 h, museo MARCO

    UGT e CCOO reiteran que nos últimos anos a cidadanía tivo que afrontar a
    perda progresiva de poder adquisitivo dos salarios, das pensións e das
    rendas de protección, o que está a xerar un crecemento sostido da
    desigualdade. Isto é consecuencia do forte aumento do desemprego e da
    xeneralización da precariedade laboral, así como da suba dos prezos das
    subministracións básicas, electricidade, gas e auga.

    A imposición
    de políticas de austeridade e continuos recortes, tanto no eido social
    como laboral, disparou as taxas de desemprego ata niveis insoportables e
    provocou a dualidade do mercado de traballo. Isto derivou nunha
    sociedade máis empobrecida e nun retroceso inxustificado de dereitos
    sociais e laborais.

    A tímida recuperación económica que se
    rexistra desde o 2015 non está a chegar nin aos salarios nin á rede de
    protección social. E, por se fose pouco, a cidadanía tense que enfrontar
    á suba do custe dos servizos básicos.
    Os gobernos non poden mirar
    cara outro lado e as organizacións patronais tampouco. Son culpables do
    que pasa, da suba incontrolada dos prezos, da perda de poder de compra
    dos salarios, das pensións e das rendas de protección.

    Por todo
    isto, UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia chaman a cidadanía galega
    a saír á rúa este domingo contra o encarecemento da vida, especialmente
    contra a suba dos servizos básicos esenciais.
    Hai que saír á rúa
    para demandar subas salariais, das pensións e das rendas de protección.
    Subas que permitan recuperar o poder adquisitivo, retomando o IPC como
    índice de actualización.

    Hai que saír á rúa para reclamar máis e
    mellor emprego; contra a precariedade laboral; contra a brecha salarial;
    pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizos públicos; por
    unha prestación de ingresos mínimos que axude a combater a desigualdade e
    a pobreza; e pola derrogación das reformas laborais.

  • Primeira folga na historia de CTAG-IDIADA solicitando o cambio ao convenio provincial do metal de Pontevedra

    CTAG-IDIADA safety technology
    S.L. é unha sociedade creada en 2002, a partes iguais entre o Centro
    Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Applus IDIADA,
    multinacional que iniciou a súa
    actividade
    en Cataluña en 1971, especializada en servizo de homologación para
    a industria do automóbil. Nesta sociedade, CTAG aporta as
    instalacións, a dirección e o capital humano, mentres que Applus
    IDIADA aportou no seu momento a experiencia e a súa rede de
    clientes. Segue

    Esta empresa nace da man de
    CTAG para acercar os laboratorios de homologación ás
    empresas galegas de automoción e aforrar o custo de ensaiar na sede
    central de Applus IDIADA en Tarragona.

    As actividades de CTAG-IDIADA
    son principalmente ensaios de homologación de sistemas de seguridade
    para o sector do automóbil,
    en catapulta inversa e simulación destes mesmos estudos mediante
    ordenador. Conta para isto
    cun edificio propio dentro do CTAG e un equipo de 34 técnicos
    especializados e enxeñeiros.

    Dende CCOO denunciamos ante a
    empresa que, a pesar de ser un traballo que require alta
    especialización e unha formación permanente, estase a someter ao
    cadro de persoal a políticas de soldos baixos, conxelación salarial
    mediante a absorción de complementos, así coma
    unha carreira profesional e categorización inexistentes.

    Dende CCOO intentamos en
    reiteradas ocasións que a Dirección mellorase as condición dos
    seus traballadores e traballadoras, pero a resposta foi o desprezo e
    menosprezo absoluto cara o persoal, con ausencia total de
    contestación e un atraso
    sistemático das reunións para dar resposta ás
    reivindicacións dos traballadores e traballadoras de CTAG-IDIADA.

    Polo exposto, vémonos na
    obriga, por primeira
    vez na historia de CTAG-IDIADA,

    de convocar folga indefinida que se realizará a partires do día 15
    de Febreiro, cumprindo
    co compromiso adquirido co cadro de persoal, onde máis
    do 93% reclamou por escrito mellorar as súas
    condicións.


    Os traballadores e
    traballadoras de CTAG-IDIADA demandan con esta medida o
    cambio ó Convenio Provincial do Metal de Pontevedra
    e unha correcta categorización profesional dentro do mesmo. CCOO
    entende que este convenio é
    o marco onde se encadran as empresas de automoción para as que
    traballan e que supón unha mellora das condición salariais e
    sociais en xeral.

  • Convocatoria asembleas nivel II Federación de Servizos

    De
    conformidade ao Anexo Organizativo da Federación de Servizos de
    Galicia aprobado na reunión do Consello Federal o pasado 14 de
    setembro, e en cumprimento das Normas Congresuais aprobadas no
    Consello Confederal o pasado 11 de xullo de 2016, así como das
    Normas Congresuais sobre o II Congreso da Federación de Servicios de
    CCOO, aprobadas no Consello Federal, acórdase o presente Regulamento
    sobre o desenvolvemento do proceso de asembleas congresuais de NIVEL
    II do ámbito de CCOO Servizos Galicia.

    Regulamento asembleas congresuais nivel II  Reglamento asambleas congresuales nivel II