Trala quinta reunión da mesa negociadora temos que informarvos que
non hai ningún avance de importancia. Polo de agora presentamos e
detallamos as plataformas de cada un dos sindicatos presentes na
negociación (CCOO, CIG, UGT e USO) e recibimos as pretensións da
patronal.
O problema que está a dificultar a negociación é
a falta de acordo entre as dúas patronais presentes na mesa sobre
cal é a representatividade que ten cada unha de elas. CC.OO.
entendemos que este é un asunto que deben resolver eles fora da mesa
e que non debe entorpecer a negociación. Esperamos que na próxima
reunión poidamos comezar a falar do que realmente nos preocupa,
sacar adiante este convenio, e se deixen de disputas internas que non
traen nada positivo.
Por parte de CC.OO.
a nosa plataforma está baseada en catro cuestión principais que
resumimos, pondo a voso dispor a plataforma completa si así o
requirides:
-
Incremento salarial:
Incremento lineal de 35? por cada ano de vixencia, revisión
salarial, desconto en compras do 15%, plus de quebranto de moeda
para aqueles traballadores/as que nas súas funcións teñen o
manexo de cartos. -
Xornada de traballo: Xornada máxima anual de 1753 horas,
reducir e regular a posibilidade de distribución irregular da
xornada, acumulación do permiso de lactación en 24 días naturais,
posibilidade de redución de xornada por fillos de ata 14 anos,
recuperación dos festivos que coincidan en vacacións, mellora das
licencias, excedencia voluntaria con reserva do posto de traballo e
implantación obrigatoria de un sistema de control de entrada e
saída. -
Emprego e contratación: Regulación da contratación a tempo
parcial establecendo horarios estables que permitan a posibilidade
de traballar noutro lugar para ampliar a xornada de traballo,
consolidación de horas complementarias e fixación dun prezo
superior ao da hora ordinaria e xornadas continuadas para este tipo
de contratación. -
Categorías: pretendemos que se recoñezan no convenio os
postos das seccións (carniceiro/a, Chacineiro/a, pescadeiro/a e
froiteiro/a), así como que se continúe e mellore a promoción
profesional do artigo 3.
Temos tamén un posicionamento por parte de unha das patronais que
pretenden o seguinte:
Retirar o artigo de promoción profesional,
incrementar as posibilidades de utilización do contrato por obra ou
servizo, establecer a xornada de traballo de luns a domingo,
establecer a posibilidade de acumular o descanso semanal tendo que
traballar mais días seguidos, limitar as vacacións en verán e
decembro nas zonas de costa, reducir substancialmente o recargo das
horas extras, eliminación da antigüidade, reducir o complemento nos
casos de IT o 75% durante o primeiro mes da baixa, incremento
salarial sen especificar, ….. En resumen, empeorar as condicións
de traballo, reducir o salario, dificultar a conciliación da vida
laboral e persoal e poñer o convenio case a altura do Estatuto dos
Traballadores, o que dende CC.OO.
non imos permitir.
As conclusións que sacamos en CC.OO.
despois de estas cinco reunións é que nos enfrontamos a unha
negociación complexa
cunha situación anómala na parte patronal que, de non resolverse
pronto, podería alongar máis
do necesario a posibilidade de asinar un convenio que mellore as
condicións de traballo. Non nos preocupan os posicionamentos
iniciais da parte empresarial porque consideramos que estamos en
condicións de rexeitalos. Os delegados e delegadas xunto con a
organización sindical de CC.OO.
poremos todo da nosa parte para defender e sacar a diante a nosa
plataforma.
http://www.ccoo-servicios.es/galicia https://www.facebook.com/ServizosCCOO/




