- Festivos locais A Coruña, aquí e aquí
- Festivos locais Lugo, aquí e aquí
- Festivos locais Ourense
- Festivos locais Pontevedra
- Festivos Galicia (DOG)
- Apertura domingos e festivos comercio (DOG)
- Festivos resto comunidades (BOE)
Categoría: Union Comarcal Vigo
-
Asinado o Convenio de Hostalaría da provincia de Pontevedra
Tras 18 reunións da mesa negociadora que comezaron o dous de marzo de 2017, o pasado dezaoito de xuño asinamos o Convenio de Hostalería da provincia de Pontevedra, que manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2021. (segue)
A principal mellora introducida no novo convenio asinado é O incremento salarial que vai supoñer a recuperación en táboas do IPC dos anos 2016 e 2017, o establecemento do salario base máis baixo en 15.000 EUR no ano 2019, o incremento do salario base hora máis baixo a 8?33 EUR no ano 2019 e a garantía de IPC real para os dous últimos anos de vixencia. O que se concreta nos seguintes incrementos cada un dos anos:
-
Ano 2018: 2?7% máis 20 EUR lineais. Na categoría máis baixa supón un incremento de 44 EUR por 15 pagas e en porcentaxe o 4?98%.
-
Ano 2019: Desaparece o plus de transporte que se integra no salario base e establécese un salario base para a categoría máis baixa de 15.000 EUR anuais (1000 EUR mensuais por 15 pagas), o que en porcentaxe medio supón en torno ó 2?80%.
-
Anos 2020 e 2021: O incremento será o IPC real do ano anterior en cada un dos anos.
Por outra banda incrementamos de 16 a 18 días a posibilidade de acumulación da lactación, limitamos a posibilidade de utilización de traballadores e traballadoras en formación DUAL a un máximo dun 10% do total do persoal por areas funcionais, e introdúcese a subrogación segundo o disposto no ALEH. Ao mesmo tempo modificamos a redacción doutros artigos do convenio como o funcionamento da Comisión Paritaria e o cobro do premio de permanencia para as situacións de Invalidez Permanente Absoluta.
Para CCOO o máis positivo da sinatura de este convenio, que rematara a súa vixencia en decembro de 2015, está en conseguir o seu desbloqueo, mantendo en 2018 o poder adquisitivo nas táboas salariais e logrando no ano 2019 o obxectivo de establecer o salario base mínimo garantido nos 15.000 EUR anuais. Tamén valoramos moi positivamente a inclusión do plus de transporte no salario base, que suporá un incremento directo no salario hora, na percepción do complemento por IT e no valor das horas nocturnas.
Poñemos á vosa disposición o texto asinado, lembrando que a aplicación definitiva queda pendente da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
-
-
Asinado o Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra
Tras
cinco reunións da mesa negociadora o pasado 2 de maio, asinamos o
Convenio de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da
provincia de Pontevedra, o que terá unha vixencia de dous anos,
2018 e 2019.As
melloras introducidas no novo convenio asinado son:-
Incremento Salarial do 1,5% cada un dos anos con revisión con
carácter retroactivo entre o 1% e o IPC real. -
Incremento nun 50% máis no valor das horas extras en domingos e
festivos (pasa a ser do 150% sobre o valor da hora ordinaria). -
O seguro de vida pasa a 30.000 eur.
-
Incorpórase a preferencia sobre novas contratacións a xornada
completa para os contratos a tempo parcial, así como a regulación
da xornada e as horas complementarias. -
Establécense como días de descanso retribuído en 2018 os días 24
e 31 de decembro. -
Inclúese a intervención cirúrxica con repouso domiciliario de
familiares ata segundo grao como licenza retribuída. -
Dentro da licenza de acompañamento ó médico de familiares,
incluímos os fillos discapacitados. -
Introducimos un texto sobre conciliación que, entre outras cousas,
dá a posibilidade de modificación da quenda de vacacións por parte do
pai nos períodos de baixa maternal ou lactación. -
Para os casos de violencia de xénero dáse a posibilidade de
adaptación da xornada de traballo. -
Incorpórase a figura do delegado sindical en empresas a partir de 40
traballadores ou traballadoras.
CCOO
valoramos moi positivamente a sinatura de este convenio que, como en
anos anteriores, foi negociado nas reunións xustas e necesarias e
que segue a mellorar as condicións de traballo neste sector tanto no
nivel económico como nas condicións de traballo. -
