Categoría: Union Comarcal Vigo

  • 8M no Corte Inglés

    Con
    motivo da folga convocada para o día 8 de marzo volvemos a ver que
    Fetico e Fasga continúan facendo o mesmo papel, seguidismo da
    patronal e das empresas, tentando desprestixiar unha mobilización
    histórica e necesaria.

    Non
    imos perder nin un minuto en responder aos argumentos tan absurdos
    que utilizaron na reunión extraordinaria do Corte Inglés de Vigo,
    que se celebrou neste centro o día 22 de febreiro. Non recoñecen, e parece non preocuparlles moito, os problemas reais que sufrimos
    as mulleres, tamén nesta empresa. Imos explicarvos os motivos que
    nos levaron a convocar esta mobilización.

    As
    CCOO estivemos sempre en primeira liña na loita polos dereitos das
    mulleres e pola igualdade. Quixemos protagonizar unha mobilización
    laboral sen precedentes na historia do movemento sindical e feminista
    en España.

    Por
    que CCOO pode convocar unha folga xeral? Porque é a primeira
    organización sindical neste país e formamos parte de organizacións
    sindicais internacionais.

    Sobran
    os motivos:

    • Os
      contratos de semanas ou meses recaen maiormente nas mulleres, as
      cales están a traballar con xornadas con menos horas.
    • As
      pensións son un 37% máis baixa para as mulleres.
    • No
      2017 foron asasinas 49 mulleres e 8 nenas e nenos por violencia
      machista.
    • A
      brecha salarial segue aumentando en todos os sectores do noso país,
      en traballo de igual valor as mulleres cobran ata un 30% menos que os
      homes.
    • Os
      coidados recaen maioritariamente sobre nós, e 9 de cada 10 permisos
      ou excedencias recaen sobre as mulleres.
    • Cantas
      mulleres están a traballar nos departamentos de loxística? E na
      liña de caixas?
    • E
      cantas de directoras de centros? Teñen o mesmo porcentaxe de
      presenza na empresa?
    • Realmente
      cremos que a igualdade efectiva e real chegou por asinar un acordo ou
      non? queda moito camiño por andar.

    Por
    todo isto cremos que unha folga de 2 horas por quenda de traballo é
    a forma máis eficaz para conseguir este obxectivo. Tamén, porque é
    a menos gravosa para o conxunto das persoas traballadoras, ao supor
    un menor prexuízo económico.

    Todos
    os traballadores e traballadoras teñen dereito á folga, é un
    dereito recoñecido pola Constitución a todas as persoas
    traballadoras, e están cubertas pola convocatoria xeral. Por tanto,
    non hai que notificalo, nin preavisar a intención de secundar a
    folga. Doutra banda, a empresa tampouco debería preguntar aos seus
    traballadores e traballadoras se acudirán a traballar ou non, xa que
    podería considerarse un intento de coacción, algo perseguido pola
    lei.

    Ao
    tratarse dunha folga ou paro de 2 horas, o desconto salarial será de
    dúas horas incluíndo a parte proporcional das pagas
    extraordinarias.

  • Suspendida a folga no Lefties do Centro Comercial Gran Vía de Vigo tras lograr o comité a readmisión do despedido

    A Federación de Servizos de CCOO de
    Galicia informa da suspensión da folga prevista para hoxe e mañá
    no Lefties do Centro Comercial Gran Vía de Vigo, coa que se
    pretendía lograr a readmisión dun compañeiro. Tras unha «intensa»
    negociación, os sindicatos CCOO, CIG e UGT conseguiron na tarde do
    xoves que a empresa readmita o traballador despedido noutra das
    tendas do grupo (a da rúa Progreso), pero conservando as mesmas
    condicións laborais. Este acordo determina a desconvocatoria da
    folga. O vindeiro martes, día 27, haberá unha reunión para pechar
    os flocos económicos da readmisión.

    CCOO,
    que ten a maioría no comité de empresa, congratúlase polo acordo
    acadado. O sindicato salienta a unidade de acción sindical, que
    contribuíu a que este conflito se resolvera positivamente para o
    traballador afectado. «Neste conflito puxemos en valor a
    solidariedade das persoas coa situación inxusta que padeceu un
    compañeiro», insisten desde Comisións.

    Antecedentes

    CCOO
    e o resto dos sindicatos afirmaron en todo momento que consideraban
    «inxusto e arbitrario» o despedimento dun traballador do Lefties de
    Gran Vía, que tiña a responsabilidade de segundo encargado e
    contaba, ademais, co apoio dos seus compañeiros e compañeiras.

    Como
    reacción, o comité de empresa xa convocara concentracións os
    pasados días 12, 13 e 14 para pedir a readmisión. Ao non haber unha
    resposta «satisfactoria» á reivindicación, decidiuse convocar a
    folga, agora xa sen efecto grazas ao acordo.

  • Folga no Lefties do Centro Comercial Gran Vía de Vigo para esixir a readmisión do compañeiro despedido

    Tras as concentracións realizadas os
    pasados días 12, 13 e 14 de febreiro contra o despedimento de un
    traballador do Lefties do Centro Comercial Gran Vía de Vigo, e non
    tendo unha resposta satisfactoria por parte da dirección da empresa,
    o comité de empresa decidiu convocar unha folga para este centro de
    traballo os próximos venres 23 e sábado 24.

    Para
    CCOO, trátase dun despedimento «inxusto e arbitrario» para o que
    se utilizaron argumentos «surrealistas» como que «estivo facendo
    unha postal de felicitación en tempo de traballo». Este traballador
    é o segundo encargado e conta co apio dos seus compañeiros e
    compañeiras, que non entenden os motivos que puideron levar a
    dirección da empresa a tomar unha decisión «tan drástica e
    inxusta».

    O
    comité de empresa e o persoal de Lefties, que pertence ao grupo
    Inditex, instan a empresa que mude a decisión adoptada e readmita o
    compañeiro despedido.

    +
    Para máis información:

    • Jorge
      Carneiro, da Federación de Servizos de CCOO: 660 106 961

  • Non aos depedimientos en Inditex!!

    CCOO, CIG e UGT, concentrámonos para protestar polo despido inxusto e arbitrario dun compañeiro de Lefties Gran Vía, que sempre se preocupou, dende o seu posto na tenda, polo benestar da personal e de que o clima laboral  fora o perfecto para desempeñar o traballo que temos encomendado. 
    O despido foi argumentado con situacións incertas e tan surrealistas como que en tempo de traballo estivo facendo unha postal de felicitación. 
    Non podemos permitir que unha multinacional como Inditex realice este tipo de despedimentos, que o único que buscan é amedrentar á 
    personal. Exisímoslle á empresa que mude a decisión adoptada. 
    Tod@s os seus compañeir@s o apoiamos e por iso estamos aquí.
    Os días 12, 13 e 14, de 11:30 a 13:30 concentración diante do Centro Comercial Gran Vía (Vigo)
    ¡¡¡BRAULIO READMISIÓN!!! 
  • Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituída Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos

    O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus
    relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o
    presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos
    Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de:
    Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo,
    Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e
    Inspección Técnica e Intermediación Laboral.

    Esta nova estrutura
    presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que
    recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción
    sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de
    novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no
    traballo.

    A celebración deste Plenario de integración supón unha
    continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante
    ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova
    realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste
    caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da
    coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.

    O presente
    plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír
    un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con
    heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus
    modelos de negociación colectiva.