O
pasado 11 de xullo o Consello Confederal de Comisións Obreiras
aprobou as normas do XI Congreso do sindicato, procedéndose a
renovar con elas todas as estruturas de CCOO.
Como
afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e
participar nesta renovación de
CCOO.
A
pesar de non pasar máis de dous anos do primeiro congreso da
Federación de Servizos de CCOO de Galicia, onde agrupamos a atención
sindical de diferentes sectores, como os Servizos Administrativos e
Financeiros, o Comercio, a Hostalaría, Seguros, Enxeñarías,
Contact Center, TIC´s, etcétera, o próximo 13 de marzo de 2017, en
Santiago, celebraremos o II Congreso da Federación en Galicia.
Sete
mil persoas manteñen a súa afiliación á Federación de Servizos,
demostrando a súa confianza na atención sindical e asesoramento
ante conflitos individuais ou colectivos. Segue
Durante
este curto período, demostramos a utilidade do sindicato como
ferramenta de mellora das condicións de traballo nos nosos sectores,
liderando a negociación colectiva, e
asinando os convenios colectivos provinciais de Comercio de
Alimentación en Pontevedra e Lugo, Comercio de Materiais de
Construción e Saneamentos na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense,
Comercio retallista téxtil de Pontevedra, Comercio do Moble de
Pontevedra e Comercio do Metal en Lugo.
Igualmente,
realizamos mobilizacións importantes contra o bloqueo nos convenios
colectivos de Aforro e Contact Center, contra os Expedientes de
Regulación de Emprego de Tragsatec, Banco Popular, Eurostars Gran
Hotel La Toja, entre outras empresas, contra a precariedade laboral
en Galicia, contra a liberalización dos horarios comerciais, entre
moitos outros conflitos.
Por
todo iso, e ante a importancia da túa implicación, animámoste a
participar
neste proxecto ilusionante de renovación do sindicato, e
convocámoste ás asembleas
congresuais do teu ámbito sectorial
que podes ver na listaxe adxunta, lembrándoche a importancia que ten
a túa achega nas devanditas asembleas congresuais e a túa
colaboración activa para
fortalecer o sindicato, a mellor ferramenta para a defensa dos
intereses dos/as traballadores/as, axudando a estender a afiliación,
propóndolla aos teus compañeiros e compañeiras de traballo, e en
xeral, cooperando na difusión dos nosos obxectivos, que son os de
conseguir emprego mellor e máis
seguro para a clase traballadora, mellores condicións de vida e
lograr maiores cotas de igualdade e xustiza social.
Nas
seguintes ligazóns podes consultar as normas e regulamentos que
rexen as asembleas congresuais, así como os diferentes documentos
obxecto do debate pola afiliación.
Normas
e regulamentos
-
Anexo
Organizativo CCOO Servizos Galicia:
http://www.ccoo-servicios.es/galicia/normas/ -
Regulamento
de asembleas de primeiro nivel convocadas
no ámbito da Federación de Servizos de Galicia :
http://www.ccoo-servicios.es/archivos/galicia/ORDENDODIAEREGULAMENTOASEMBLEANIVELIGALICIA.pdf -
Normas
11 Congreso Confederal:
http://www.ccoo.es/cms/g/public/o/6/o164485.pdf -
Normas
Congresuais CCOO Servicios:http://www.ccoo-servicios.es/archivos/Normas_II-Congreso-Servicios-CCOO.pdf -
Normas
Congresuais 11º Sindicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.galicia.ccoo.es/comunes/recursos/11/doc282172_Normas_congresuais_-_11._Congreso_do_S._N._de_CCOO_de_Galicia.pdf
Documentos
para o debate:
-
S.N.
Relatorio e Proxecto Estatutos:
http://www.ccoo.gal/comunes/recursos/11/doc283478_Documentos_para_o_debate__relatorio_e_estatutos.pdf -
Fed.
Servicios Ponencia:
http://www.ccoo-servicios.es/archivos/PonenciaServCCOOAprobada.pdf -
Fed.
Servicios Estatutos:http://www.ccoo-servicios.es/archivos/ESTATUTOSdef.pdf -
Confederación
Proxecto Estatutos:http://www.ccoo.es/cms/g/public/o/4/o202872.pdf
Asembleas
para elixir
a delegación correspondente ao
nivel II do
Congreso de CCOO Servizos Galicia

Asembleas
para elixir
a delegación correspondente
aos Congresos Comarcais
do
S.N. de CCOO de Galicia




