Categoría: Union Comarcal Vigo

  • Segunda reunión do acordo de relacións laborais para Pontevedra de Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)

    Acaba de celebrarse a
    segunda reunión relativa á negociación do acordo de relacións
    laborais para a provincia de Pontevedra coa dirección da empresa.
    Devandito acordo está dividido en dúas vertentes diferenciadas e
    relativas, a 1ª, a cuestións elementalmente salariais e a 2ª, a
    cuestións de tipo social como son permisos remunerados e licenzas.Segue

     En canto á segunda conseguimos a formalización dun preacordo que de ser sancionado
    polo persoal, entrará en vigor o próximo 1 de decembro do presente
    2016. No referente á vertente económica, as posicións entre as
    partes seguen estando enfrontadas, e tras unha nova formulación de
    propostas, a empresa faranos chegar unha nova oferta a semana que
    vén, a cal valoraremos e estudaremos como se merece. Até o momento
    a empresa incidiu nuns criterios de converxencia cara as novas
    táboas salariais progresivas e cun horizonte de aplicación total
    que nós, tendo en conta a temporalidade do sector multiservicios no
    que traballamos, consideramos como excesivamente longa. En calquera
    caso, seguiremos traballando para conseguir o mellor acordo posible e
    que se axuste á realidade dun persoal cuns salarios moi baixos e
    unhas necesidades que se atopan no presente. Ambas as partes
    mostraron a súa vontade de acadar un acordo para o próximo 1 de
    decembro que na súa parte económica entraría en vigor con data 1
    de xaneiro de 2017 e que, como é lóxico, será tamén sometido á
    aprobación do persoal.

    Doutra banda,
    anunciarvos que paralelamente se constituíu a mesa de negociación do
    convenio nacional de Adecco Outsourcing
    na cal nos corresponde estar
    representados cun delegado que a sección de CCOO designou na figura
    do presidente do comité, e que a primeira reunión do devandito
    convenio celebrarase este 18 de novembro.

    En último
    lugar, e tras o incumprimento por parte da anterior xerencia da
    delegación de Vigo acerca das reclamacións interpostas o pasado 25
    de outubro relativas á total desinformación do estado individual da
    bolsa de horas, a constante reiteración de fallos na confección das
    nóminas, a falta de EPIS e material indispensable de traballo nos
    centros, o problema existente coas baterías de reserva e os módulos
    de carga dos mesmos no centro CTL3, aproveitamos a reunión para
    trasladar estes problemas e devandito incumprimento á dirección e
    esta comprometeuse a darlles solución nos próximos días, algo que
    esperemos que suceda dada a improcedencia destes feitos e o
    innecesario malestar que produce no persoal. Aproveitamos tamén para
    sinalar a falta de persoal de oficina, o cal retarda todo tipo de
    xestión e empeora a calidade e a eficiencia do devandito persoal,
    así como a falta de presenza por parte da xerencia local nos
    devanditos centros, algo que, pensamos, repercute na imaxe que a
    empresa traslada ante os clientes nos que mantemos os servizos.

    Namentres,
    seguiremos informando e aproveitamos a ocasión para saudarvos,

    DELEGADOS SECCIÓN SINDICAL CCOO EN ADECCO OUTSOURCING EN PONTEVEDRA

  • Convocatoria para o Proceso Congresual da Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia

    Por
    medio da presente nota, comunicamos que se convocaron os procesos
    congresuais de CCOO, e tes á túa disposición as normas que rexerán
    devandito proceso no ámbito da Federación de Servizos deGaliciana seguinte ligazón:

    http://www.ccoo-servicios.es/galicia/html/37982.html

    Así
    mesmo, comunicámos que até o 19 de novembro, poderase consultar a inclusión individual no censo da asemblea correspondente ao correspondente ámbito
    de participación nos locais indicados na anterior ligazón, ou ben
    solicitando información ao
    teléfono 981145885, ou ao correo electrónico direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

    Aquí pode consultarse o último número dun boletín coas últimas noticias da Federación de Servizos deGalicia,domundo laborale de ofertas para afiliados. Para subscribirse só hai que enviar un correo a comunicaciongalicia@servicios.ccoo.es.

  • Convenio Contact Center: Convocadas novas concentracións e xornada de folga #COLGAMOSLOSCASCOS

    Debido ao bloqueo na mesa de negociación por parte da Patronal, CCOO e o resto de sindicatos presentes na mesa de convenio convocamos unha nova xornada de mobilizacións o día 18 – en Galicia en A Coruña e Vigo – e folga 24 h. para o luns 28 de novembro. A patronal  só insiste en manterse nas súas posturas, e mentres adícase a pór pedras até no que lle gañamos nos tribunais, como o non pago dos incentivos en vacacións. Se queren que de novo nos mobilicemos masivamente, que toda a sociedade se faga eco dos seus incumprimentos e que as empresas e os clientes sufran os efectos do seu inmobilismo, iso é o que van conseguir.

    Pois o 18 e  28 de novembro volverémoslles a dicir que xa está ben!  #COLGAMOSLOSCASCOS

  • Normas definitivas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia

    A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, na súa reunión do pasado 20.10.2016 aprobou a modificación do Anexo Organizativo, á súa vez aprobado no Consello Federal do pasado 14.09.2016, adecuando ao mesmo os anexos organizativos dos sindicatos comarcais de Galicia, aprobados a posteriori.

  • Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA

    A Comisión Executiva da
    Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de
    setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección
    Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid
    o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de
    Funcionamento
    do mesmo.

    A Dirección Provisional de CCOO
    Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este
    proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de
    seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de
    2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en
    Galicia.

    Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES