Categoría: Union Comarcal Vigo

  • Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VII plenario da Sección Sindical Estatal de ALCAMPO

    A
    Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos
    acordos da Sección Sindical Estatal de ALCAMPO sobre a
    renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca
    mediante a presente as seguintes asembleas de afiliados e afiliadas
    de CCOO en Alcampo de todos os centros en Galicia:

    CENTRO/PROVINCIA

    FECHA

    LUGAR

    HORARIOS

    ALCAMPO
    VIGO

    18/10/2016

    As
    Teixugueiras, 11

    Local
    CCOO(Vigo)

    15:30 – 17:30

    ALCAMPO
    VIGO II

    18/10/2016

    AV
    Madrid, s/n (Vigo)

    13:00 – 15:00

    ALCAMPO
    A CORUÑA

    19/10/2016

    Alfonso
    Molina, km.2 Planta 4

    Local
    CCOO(A Coruña)

    13:00
    – 17:00

    ALCAMPO
    FERROL

    18/10/2016

    Pol. De A Gándara s/n
    Ferrol(Coruña)

    12:00 – 16:00

    ALCAMPO
    SANTIAGO

    19/10/2016

    Alfonso
    Molina, km.2 Planta 4

    Local
    CCOO(A Coruña)

    13:00
    – 17:00

    Con
    estas asembleas de afiliados e afiliadas preténdese elixir á
    representación provincial que corresponda para celebrar un Plenario
    de afiliados e afiliadas a nivel rexional, o próximo 24 de outubro
    en Santiago de Compostela, onde se acorde como se pode organizar a
    sección sindical en Galicia, se debata sobre os documentos do
    plenario estatal, e se escollan catro representantes para acudir ao
    plenario estatal da sección sindical de CCOO en Alcampo.

    Para
    máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte
    ligazón
    e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro
    os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas
    que se consideren oportunas.

    Para
    calquera dúbida respecto diso quedamos á túa disposición no
    enderezo de correo electrónico:
    direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

    Atentamente.

    CCOO
    Servizos Galicia

    Normas Plenario Alcampo Galicia GL Normas Plenario Alcampo Galicia ES

  • Non ao proceso de Despedimento Colectivo en Banco Popular e en Banco Pastor!!

    O próximo día 6 de
    outubro o Banco citou a toda a Representación Legal dos
    Traballadores, RLT, para iniciar formalmente o período de consultas
    que marca o artigo 51 do Estatuto dos Traballadores sobre o
    DESPEDIMENTO COLECTIVO anunciado. Previsiblemente, na mesma data o
    Banco presentará oficialmente á autoridade laboral a súa proposta
    para o DESPEDIMENTO de 3.000 PERSOAS, E A PERDA DE 3.000 POSTOS DE
    TRABALLO!!!

    Previamente, toda a Representación Legal dos Traballadores fixemos propostas de flexibilidade interna durante o período
    establecido no artigo12 do vixente Convenio Colectivo de Banca para
    que a presentación deste SALVAXE ERE non se materializase, ao cal a
    empresa fixo oídos xordos.

    Como primeira medida, aproveitando a reivindicación do Día Mundial por un TRABALLO DIGNO E CON DEREITOS, que se celebra esta mesma semana, e dado que a PERDA E DESTRUCCION DE 3.000 POSTOS DE TRABALLO é unha das máximas antíteses desta reivindicación, toda a representación sindical -excepto SEGRUPO- axuntamos forzas e imos mobilizarnos nas manifestacións e concentracións convocadas en todos os territorios para manifestar o noso rexeitamento a este DESPEDIMENTO COLECTIVO.
    Máis información:

    Desde CCOO instamos a todas as persoas que traballan no Grupo Banco Popular, familias, amigos, etc para que participen nestas mobilizacións. Cantos máis sexamos, mellor.
    • DIA 8 DE OUTUBRO: 12.00 h Concentración diante da OP do B. Pastor en Santiago 
                                     12.30 h. Concentración diante da OP del B. Popular, tamén en Santiago
                                     13.00 h. Asemblea de traballadores na Praza do Toural

    • DIA 13 DE OUTUBRO:  De 18.00 a 19.00 horas Concentración de
      traballadores e traballadoras na OP do Banco Pastor, Cantón Pequeno, 1 de A Coruña.
    • DIA
      20 DE OUTUBRO:  De 18.00 a 19.00 horas. Concentración de traballadores e traballadoras na OP do Banco Popular, c/Policarpo Sanz, 23 de Vigo.
  • Os traballadores e traballadoras de Contact Center continúan co calendario de mobilizacións por un Convenio xusto

    Encadrado no calendario de mobilizacións para desbloquear o Convenio do sector, os traballadores e traballadoras do Sector de Contact Center mobilízanse a traveso de paros parciais e concentracións en Vigo, Lugo e Coruña.

    Recordamos que a negociación do novo Convenio leva atrancada 20 meses a pesar de
    que desde CCOO se expuxeron multitude de propostas co fin de chegar a un
    acordo coa patronal.

             Con todo, para esta hai tres
    escollos fundamentais. O tema salarial, onde CCOO pide que a subida de
    2016 sexa desde o 1 de xaneiro, non desde firma de convenio; a
    subcontratación por ETT’s ou Multiservicios, onde o sindicato quere
    equiparar os seus dereitos laborais; e outro escalado de horas médicas,
    un tema no que CCOO propón que se inclúa o acompañamento até os 14 anos.
    Vídeo:

  • Xornada de loita na Hostalaría e o Turismo

    Hoxe, 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo 2016. Por iso CCOO, UGT e varias asociacións profesionais organizan un día de mobilización en todo o estado para denunciar a situación dos traballadores do sector: explotación laboral, baixos salarios, inseguridade no traballo, a falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización, a fin de non aplicar os acordos colectivos sectoriais para rebaixar salarios en preto de 40%, como no caso das camareiras de piso.
    Este movemento reivindica o dereito a condicións de traballo dignas, emprego estable e con dereitos, o recoñecemento da profesionalidade e conseguir o relanzamento da negociación colectiva para recuperar os dereitos e o poder adquisitivo dos salarios, para reverter a externalización e obter o recoñecemento das enfermidades profesionais. En definitiva loitar por un emprego decente e un salario para deixar de ser «A CARA B DO TURISMO EN ESPAÑA». Porque o plantel do sector turístico ten pouco que celebrar e moito que reclamar.
    Segundo os datos de CCOO, os datos dos primeiros oito primeiros meses do ano amosan unha recuperación da actividade turística. Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015. Con todo, esta aparente bonanza non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados, que só medrou un 2,52 %, e «aínda por riba» máis do 90% das contratacións son eventuais. 

  • A Unión Comarcal de CCOO de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no CTAG

    A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo denuncia «precariedade e
    riscos para a saúde» no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia
    (CTAG). Segundo o sindicato, o CTAG non pode presumir de ser un centro
    tecnolóxico «punteiro» cando o seu modelo laboral se basea en «salarios
    miserables», abuso dos contratos temporais e de prácticas, ao tempo que
    pon en risco a saúde do persoal, cuestión esta que xa levou á apertura
    dun expediente sancionador.

    CCOO denuncia publicamente que este modelo «non incentiva» a permanencia
    do coñecemento na empresa e «dá continuidade á fuga de cerebros»
    iniciada hai uns anos. O que naceu como un proxecto prometedor pode
    verse comprometido por un padroado «obsesionado» con ter enxeñeiros cada
    vez máis baratos. O sindicato considera que os membros actuais do
    padroado son «os responsables directos» da situación.

    O CTAG foi
    creado no 2002 para ofrecer servizos de I+D+i á industria local do
    automóbil. O CTAG impulsouno a Xunta de Galicia e no seu padroado teñen
    representación a Consellaría de Industria, o Clúster de Empresas de
    Automoción de Galicia (CEAGA), Abanca e PSA Vigo.

    Segundo CCOO, o
    centro goza de prestixio internacional e amplo recoñecemento por parte
    do sector de automoción de Galicia. É máis, no ano 2013 foi ampliado
    grazas a unha «forte dotación orzamentaria» por parte da Xunta. De
    feito, o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, inaugurou o Centro de
    Excelencia en Electrónica para Vehículos Intelixentes, co que se
    «catapultaba» o CTAG ao primeiro plano europeo do desenvolvemento
    tecnolóxico en vehículo eléctrico.

    Expediente sancionador da Inspección de Traballo

    Porén,
    a Unión Comarcal de CCOO de Vigo lamenta que a realidade dos enxeñeiros
    que traballan no centro «dista moito da excelencia» de que se presume:
    no que vai de ano xa se presentaron ata cinco denuncias na Inspección de
    Traballo por incumprimento da lexislación laboral. Entre os problemas
    máis graves destacan as altas temperaturas nos talleres, así como
    excesivos niveis de dióxido de carbono nas oficinas. A negativa da
    Dirección do CTAG a corrixir as eivas motivou un expediente sancionador
    da Inspección.

    Precariedade contractual e salarial

    Aos
    problemas de seguridade e saúde laboral engádese a precariedade
    contractual e salarial «crecente». A Unión Comarcal de CCOO de Vigo
    tamén critica que non haxa un plan de carreira profesional na empresa.
    Segundo os datos do pasado mes de maio, a contratación eventual superou a
    indefinida, estancada desde hai varios anos. O persoal con bolsas é
    máis dun cento, representando o 20 % do total de efectivos. Así mesmo,
    as persoas con contratos eventuais son case tantas coma as indefinidas.

    Doutra
    parte, CCOO denuncia que a Dirección do CTAG fomenta unha estrita
    aplicación dos mínimos salariais, «que dá como resultado ter enxeñeiros
    formados e cualificados cobrando 660 euros e cuxa máxima aspiración,
    tras anos de dedicación á empresa, é chegaren a ser indefinidos e
    mileuristas».

    A situación xa provocou un aumento da
    conflitividade laboral na empresa ?mesmo se acudiu á vía xudicial?, e
    CCOO non descarta mobilizacións futuras dos traballadores e
    traballadoras se non melloran as condicións.