Coa finalidade de expoñer a situación actual da Federación de Servizos
de Galicia aos delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra, convócase
unha asemblea que terá lugar o próximo 26 de setembro ás 17:00 local sindical de Teixugueiras, 11-entrept, 36212 Vigo.
Categoría: Union Comarcal Vigo
-
A Federación de Servizos convoca a unha asemblea aos seus delegados das comarcas de Vigo e Pontevedra
-
CCOO Servizos gaña as eleccións en Catalana Occidente Vigo-Centro
A candidatura presentada pola Federación de
Servizos de CCOO logrou o/a único/a delegado/a elexible no proceso electoral do pasado día 19 de setembro. Cabe salientar que tanto os tres delegados de Coruña como os tres de Vigo representan a CCOO nas devantitas circunscricións.CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
proceso electoral e a confianza depositada. -
CCOO Servizos logra a maioría absoluta nas eleccións de Randstad Project Services Vigo
A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou cinco delegados despois de presentar a única candidatura que concurriu ás eleccións.
CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
proceso electoral e a confianza depositada. -
Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra
Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta
que son dous sectores tocados especialmente pola
crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES
continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que
estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas
maneira conseguimos asinar, aínda
que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos
de vixencia e algunha mellora máis. SegueTexto Convenio Comercio Mobles
Texto Convenio Materiais de Construcción
Comercio do Moble
da provincia de Pontevedra,
chegamos a un
acordo e asinouse este convenio cos seguintes cambios sobre o
convenio anterior:-
Incremento salarial do 0?25% para 2016, 0?50% para 2017 e 0?75%
para 2018. -
Licencia para acompañamento de fillo menor de 14 anos a asistencia
médica. -
Sometemento o AGA e a Comisión Tripartita Galega
para inaplicación de convenios para solución de conflitos e
posibles descolgues sen acordo.
Comercio Materiais de Construción: O pasado 26 de maio
decidimos firmar o convenio CCOO e UGT, negándose a asinalo a
representación de CIG, situándose en reivindicacións maximalistas
que son claramente inasumibles pola parte empresarial e dificilmente
defendibles na situación actual.As condicións de modificación sobre o anterior convenio son as
seguintes:-
Vixencia de 2 anos, ata o 31 de decembro de 2017.
-
Incremento salarial para 2016 do 0,75% e para 2017 o 1,25%, con
cláusula de revisión a final de 2017 sobre o IPC real e sen
carácter retroactivo. -
Establecer como días de licenza retribuída os días 24 e 31 de
decembro de 2016 e 7 de xaneiro e 9 de decembro de 2017. -
1 día por matrimonio de parentes hasta 2º grao.
-
Posibilidade de implantar un protocolo de actuación para a
prevención e tratamento do acoso sexual ou moral nos centros de
traballo. -
Incluír nas competencias dos Comités de Empresa a obriga de
recibir información polo menos anualmente sobre a aplicación na
empresa do dereito de igualdade no trato e de oportunidades entre
homes e mulleres. -
Obrigatoriedade de elaborar un Plan de Igualdade nas empresas que
superen os 250 traballadores e traballadoras. -
Solución de conflitos a traveso do AGA e a Comisión Tripartita
Galega para a inaplicación de convenios colectivos.
Tras esta sinatura só resta
a súa publicación no Boletín.Vigo a 17
de xuño de 2016 -