Categoría: Union Comarcal Vigo

  • CCOO Servizos interpón un conflito colectivo contra Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)

    Tralos sucesivos
    incumprimentos da normativa laboral por parte de Adecco Outsourcing
    SAU, a Federación de Servizos de CCOO decidiu interpor o conflito
    colectivo en solitario. O persoal vese obrigada a axustarse a unha
    bolsa de horas imposta unilateralmente pola empresa, así como a
    traballar unha xornada moi superior á das empresas onde presta
    servizo, relacionadas todas elas coa automoción e a loxística do
    devandito sector.

    A noticia foi ben
    acollida polo persoal, que se atopa inmerso desde o pasado mes de
    xuño nun proceso de eleccións sindicais, torpedeado de maneira
    sistemática pola propia empresa e o sindicato afín FASGA, tamén
    presente en empresas como El Corte Inglés.

    Esta demanda e o
    proceso de eleccións sindicais enmárcanse na ofensiva de Comisións
    Obreiras para dotar dun marco legal adecuado ás empresas do sector
    de Outsourcing ou multiservicios, esixindo que se apliquen os
    respectivos convenios sectoriais e evitar a precariedade laboral e
    salarial.

    O traballo diario da
    candidatura e a maior parte do persoal en Adecco Outsourcing foron
    determinantes para continuar con este proceso.

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Vigo MUTUA UNIVERSAL obtendo toda a representación

    O mércores 22 de decembro tiveron lugar as votacións en Mutua
    Universal en Vigo, nas que participaban traballadores e
    traballadoras de Vilagarcía de Arousa e Vigo.

    CCOO obtivo a totalidade da representación sindical, cun total de cinco representantes elexidos,
    encabezados por Carlos Vilariño.

    A candidatura de CCOO foi a única que se presentou tras anularse a
    de UGT na proclamación provisional pola renuncia dun dos seus
    compoñentes, que non puido ser subsanada no prazo de 24 horas
    outorgado ad
    hoc
    pola mesa electoral para conseguir outro candidato.

    Deste xeito, CCOO aumenta en dous o número de delegados respecto ao
    anterior mandato.

    O traballo diario dos delegados e delegadas de CCOO en Mutua
    Universal foron determinantes para o apoio á candidatura. Dende CCOO queremos agradecer a todo o plantel de Vigo Mutua Universal a confianza depositada na nosa organización.