Categoría: Union Comarcal Vigo

  • O convenio do comercio vario mellora as condicións laborais de máis de 13000 persoas na provincia de Pontevedra

    Desde CCOO queremos valorar moi positivamente este acordo, porque con el dáse un paso moi importante, conseguindo aglutinar nun só convenio a gran parte do comercio, como a venda polo miúdo (retail) de tecidos en xeral, pezas confeccionadas, alfombras e tapices, paquetería, mercería, quincallería, comercio polo miúdo de xoguetes, artigos deportivos, comercio de bazares, artigos de agasallo, adorno e reclamo; tendas denominadas de “miniprezos" e similares
    En xeral, aquelas adicadas ao comercio de artigos múltiples sen predominio dentro do mesmo establecemento tales como comercio da pel, venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería en xeral, pezas confeccionadas, alfombras e tapices, zapatos, e tamén nas que no futuro se encadren ou agora non teñan convenio de referencia.
    Ler máis.

    • Un convenio a 3 anos: 2022-2024.
    • Categorías profesionais: Actualización dá clasificación, definición de funcions e promoción profesional..
    • Xornada laboral: Definición dás quendas de traballo de maña e tarde (07:00 a 16:00 e 14:00 a 22:00)
    • Incrementos Salaris: 2022 – 6,5%; 2023 – 3%; 2024 – 3%
    • Abono dunha paga de 400€ non consolidables, que pode aboarse fraccionado, nun período máximo de catro meses desde a publicación do convenio.
    • Revisión salarial: As táboas salariais serán revisadas con carácter retroactivo o 31 de Decembre de 2024, si a suma dos IPCs reais de 2023 e 2024 supera a suma dos incrementos salariais dos mesmos anos (6%). Sen embargo o incremento terá un tope do 10% para os dous anos, de tal forma que a revisión salarial máxima será dun 4% (6% + 4%).
    • Pagas extras: Conformación Xeral de catro pagas extras, marzo, xuño, setembro, decembro.
    • Nadal, Domingos e festivos: Abono de 5€ por hora traballada desde as 16:00h dos días 24 e 31 de decembro.
    • Traballo en festivos voluntario, con tope de 7 horas día e abono de horas ao 175%
    • Contratación:
    • Contrato Fixos Descontinuos: Chamamento mínimo 4 meses a xornada completa, con aviso previo de 15 días e consolidación do tempo traballado que supere os 4 meses de referencia nun período de tres anos, con prioridade de incorporación, antes de celebrarse contratos de duración determinada ou temporal e tamén prioridade para ocupar vacantes permanentes indefinidas.
    • Contratos Tempo parcial: Xornada mínima de 24H e 30H máximo para empresas de menos de 14 traballadores/as e para 15 ou máis, xornada mínima de 27H e máxima de 30H. Non poderase realizar distribución irregular dá xornada. Preferencia a hora de ocupar vacantes a Tempo Completo.
    • Excedencias: Contemplando diferentes casuísticas.
    • Excedencia por coidados.
    • Especial de 3 a 6 meses con reserva do posto de traballo.
    • Excedencia Especial de verán.
    • Incapacidade Temporal: Contemplando o pago do 100% da retribución.

    Consulta os aspectos máis destacables

  • «Ou salario ou conflito», advirte a secretaria xeral de CCOO

    "Levámolo dicindo durante todo o verán, despois de que a CEOE se erguese da mesa de negociación: "salario ou conflito". É unha cuestión de principios", sinalou a dirixente sindical ante os medios de comunicación.

    "A clase traballadora non pode pagar o custo da crise. Fálase moito de pacto de rendas, pero a patronal só quere oír falar del cando os traballadores e as traballadoras sexan quen asuman o custo da crise, por iso cómpre actuar tamén sobre os beneficios empresariais", clarificou a sindicalista.

    Hoxe venres, 7 de otubro, a secretaria xeral de CCOO, canda o seu homólogo da UGT, estarán na concentración convocada en Ourense, ás 12 horas, diante da patronal provincial.

    Mobilizacións do venres, 7 de outubro

    Xoves, 6 de outubro

    — Ourense: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Ourense. Asistirán a secretaria xeral de CCOO e o secretario xeral de UGT

    — Lugo: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Lugo (só CCOO)

    — Pontevedra: concentración ás 12.00 diante da Cámara de Comercio (só de CCOO)

    — Vigo: concentración ás 12.00 horas diante da Confederación de Empresarios de Pontevedra

  • O comité de empresa de Hiperxel advirte de mobilizacións se continúan os atrasos no pagamento dos salarios

    O comité de empresa de Xeldist —máis coñecida polo nome comercial Hiperxel—, composto por membros de CCOO, UGT e CIG, advirte de mobilizacións se continúan os atrasos no pagamento dos salarios. O persoal atópase nunha «incerteza máxima», pois traballa sen saber cando cobrará a nómina ou como evolucionará a situación, que leva meses sendo complicada. A impuntualidade nos pagamentos tamén se estende ás empresas provedoras, coa problemática da falta de mercadoría nas tendas que isto implica.

    Xeldist Congelados foi vendida en xullo do 2021 por Iberconsa ao grupo Vinova, no cal está integrada a marca comercial Conxelados Cíes. Tras uns meses de «adaptación» á nova situación empresarial, en abril deste ano comezaron os atrasos nas nóminas e a falta de mercadoría nas tendas.

    Pola súa parte, o persoal non ten información fiable por parte da empresa, máis aló de comunicados nos que amosa unha «intención de reflotación» e pedindo un «esforzo extra», pero sen ofrecer garantías. «A mobilización parece ser o único camiño que nos está deixando a dirección da empresa», conclúen desde o comité.

  • CCOO-Servizos congratúlase de que Vigo non aumente a zona de afluencia turística e critica que A Coruña a amplíe

    CCOO-Servizos congratúlase de que Vigo non aumente a zona de afluencia turística, que permite a apertura todos os días do ano nos establecementos con máis de 300 metros cadrados de superficie. Porén, o sindicato critica que A Coruña non atendese o informe do sindicato e decidise ampliar a súa zona. Ler máis

    No caso de Vigo, CCOO propúxolle ao Concello manter a mesma zona que se aprobara hai cinco anos, ao entender que non hai motivos que xustifiquen facer ningún tipo de ampliación. Malia que no período de negociación houbo movementos para tentar ampliar esta zona, a insistencia e consistencia coa que o sindicato defendeu a súa postura, xunto coa doutras organizacións que estaban na mesma liña, fixo que o Goberno local optase por non facer cambios. 

    Esta zona abrangue o que se podería definir como o núcleo histórico vigués, incluíndo a zona de Bouzas e o ámbito perimetral entre as rúas San Francisco, Poboadores, Falperra, Cachamuíña, Paseo de Granada, II República, Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Pontevedra, Areal, Montero Ríos e Cánovas del Castillo (excluíndo a zona a carón do mar) ata San Francisco.

    CCOO considera moi positiva esta medida, aprobada no pleno municipal do 28 de xuño co consenso de todas as partes implicadas.

    Crítica ao Goberno local da Coruña

    Pola contra, o Concello da Coruña fixo caso omiso do informe emitido por CCOO e decretou a ampliación da zona de afluencia turística coruñesa. Ata o moento, a zona de afluencia turística coruñesa abranguía o centro da cidade, Riazor e a contorna da Torre de Hércules. Agora esténdese ata Monte Alto e Distrito Picasso.

    Para CCOO-Servizos, este tipo de medidas só benefician as grandes empresas de distribución en detrimento do pequeno e mediano comercio, rompendo o equilibrio entre uns e outros. Segundo o sindicato, está demostrado que a ampliación de horarios e a apertura en todos os festivos do ano non anima o consumo nin crea máis emprego. Pola contra, supón maior carga de traballo e empeoramento das condicións laborais, dificultando tamén a conciliación.

    Por esta razón, CCOO presentou un informe desfavorable á dita ampliación que, non obstante, foi obviada polo Goberno local, que no pleno desta semana aprobou a medida só co apoio do PP.

  • O pleno do Concello de Vigo mantén a área de afluencia turística pactada hai cinco anos

    Este 2022 era ano de revisar as áreas de afluencia turística, nas que os establecementos de máis de 300 metros cadrados poderán abrir todo o ano.

    No caso de Vigo, CCOO propúxolle ao Concello manter a mesma zona que se aprobara hai cinco anos, ao entender que non hai motivos que xustifiquen facer ningún tipo de ampliación. Malia que no período de negociación houbo movementos para tentar ampliar esta zona, a insistencia e consistencia coa que o sindicato defendeu a súa postura, xunto coa doutras organizacións que estaban na mesma liña, fixo que o Goberno local optase por non facer cambios.

    Esta zona abrangue o que se podería definir como o núcleo histórico vigués, incluíndo a zona de Bouzas e o ámbito perimetral entre as rúas San Francisco, Poboadores, Falperra, Cachamuíña, Paseo de Granada, II República, Porta do Sol, Policarpo Sanz, García Barbón, Pontevedra, Areal, Montero Ríos e Cánovas del Castillo (excluíndo a zona a carón do mar) ata San Francisco.

    Un ano máis, as zonas que se potencian como de afluencia turística son aquelas que contan con pequeno comercio e de proximidade, quedando excluídas as grandes áreas comerciais.

    CCOO considera moi positiva esta medida, aprobada no pleno municipal do 28 de xuño co consenso de todas as partes implicadas.