Categoría: Union Intercom. Ourense

  • Asinado o convenio do comercio alimentación de Ourense

    Tras a ratificación en asemblea por parte das traballadoras e dos traballadores, anunciamos a sinatura definitiva do convenio colectivo do sector da alimentación da provincia de Ourense, acadado no proceso de mediación.

    Este logro é froito directo do apoio masivo das persoas traballadoras ás mobilizacións, concentracións e xornadas de folga. A loita sostida foi decisiva, e desde CCOO Servizos Galicia queremos recoñecer o papel fundamental do sindicalismo organizado para acadar este acordo.

    Melloras salariais principais

    O convenio terá unha vixencia de catro anos, cun incremento salarial acumulado de máis do 26%, distribuído así:

    • 2025: incremento do 11,74% sobre as táboas de 2024 (agás o Grupo IV, que sobe un 12,38%)

    • 2026: incremento do 6,35%

    • 2027: incremento do 3%

    • 2028: incremento do 3%

    Ademais, se a suma do IPC real supera o 3% nos anos 2027 e 2028, aplicarase unha actualización anual pola diferenza, ata un máximo do 2,5% adicional.

    Outras melloras sociais

    • 1 día máis de vacacións (ata 32 anuais)

    • 3 fins de semana de calidade garantidos

    • Axuda escolar: 80 € por fillo/a

    • Plus de nocturnidade: 20%

    Este acordo achega as condicións laborais de Ourense ás do resto de provincias galegas e rompe unha fenda histórica de discriminación territorial.

    Desde CCOO Servizos Galicia traballamos cunha visión estratéxica para acadar un convenio galego do sector da alimentación que garanta: a igual traballo, igual retribución en todo o territorio.

    Para conseguir este obxectivo é imprescindible reforzar a representatividade de CCOO, que cun traballo serio, responsable e eficaz na mesa de negociación demostrou ser unha ferramenta fundamental na consecución do acordo.

    A organización e o apoio sindical marcan a diferenza.

    Este convenio é un avance histórico, posible grazas á firmeza das traballadoras e dos traballadores e ao labor constante de CCOO.

    Seguimos demostrando que loitar serve

  • Convenio Comercio Alimentación Ourense: suba salarial do 26% e novas melloras laborais ata 2028

    Despois de presentar ao persoal a proposta resultante da mediación celebrada o pasado 17 de xullo, esta foi aprobada por maioría nas distintas asembleas realizadas nas empresas afectadas polo Convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Ourense.

    Como consecuencia, comunicarase formalmente á parte empresarial e ao Consello Galego de Relacións Laborais a aprobación da proposta co fin de redactar e asinar o preacordo.

    Queremos destacar que este resultado non sería posible sen o esforzo, a mobilización e a firmeza das traballadoras e dos traballadores durante estes meses de loita. Cando a patronal insistía en que non había marxe para melloras salariais, foi a unidade e a presión do persoal o que fixo posible avanzar cara a un acordo digno.

    Detalles do preacordo

    A proposta aprobada inclúe un incremento salarial acumulado do 26,08% respecto do convenio anterior, co seguinte detalle:

    • 2025: 18.100 € (suba do 11,74%)

    • 2026: 19.250 € (suba do 6,35%)

    • 2027: 19.827,50 € (suba do 3%)

    • 2028: 20.422,33 € (suba do 3%)

    Tamén se inclúe unha cláusula de revisión salarial ligada ao IPC real cun tope de garantía do 2,5%.

    Outras melloras destacadas

    • Grupo IV: subida a 17.750 € en 2025 e promoción automática ao Grupo III B cun ano de antigüidade.

    • 3 fins de semana de calidade ao ano (sábado e domingo libres); en 2025 garántese 1.

    • 1 día adicional de vacacións desde 2025.

    • Anticipo das pagas extraordinarias o día 15 de cada mes.

    • Plus de nocturnidade do 20% por hora traballada entre as 22:00 e as 6:00.

    • Axuda escolar de 80 € por cada fillo/a.

    As centrais sindicais consideramos un éxito notable o incremento acadado, que é un resultado positivo e que reflicte un avance real nas condicións laborais do sector.

    Grazas a todas as compañeiras e compañeiros pola súa forza, compromiso e participación. A mobilización e a unidade fixeron posible este paso adiante.

    Seguimos. A loita continúa.

  • A igual traballo, igual salario en Gadis, Froiz e Cuevas

    Hoxe, 25 de xuño, o persoal do comercio da alimentación de Ourense concentrámonos diante da sede central de Gadis, no polígono da Piadela (Betanzos), para esixir un convenio colectivo xusto, con salarios dignos e condicións equitativas, como nas demais provincias galegas.

    A protesta forma parte do calendario de mobilizacións convocadas polas centrais sindicais ante o bloqueo da negociación, mentres empresas como Froiz, Gadis e Cuevas acumulan beneficios e manteñen ao persoal con salarios conxelados e dereitos estancados.

    Desde CCOO servizos lembramos que durante a pandemia, as traballadoras e traballadores demostraron un compromiso total, e agora esiximos recoñecemento real con melloras salariais e sociais.

    Non imos permitir que se nos siga ignorando. O convenio debe reflectir a realidade do sector e o esforzo do seu persoal.

    convenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourenseconvenio comercio alimentación Ourense

  • Un convenio de comercio alimentación xusto para Ourense: traballadoras e traballadores erguen a voz en Froiz

    Concentración en Poio contra a desigualdade salarial no sector da alimentación

    Este luns, 23 de xuño, traballadoras e traballadores do sector do comercio da alimentación da provincia de Ourense concentráronse diante da sede central de Froiz, en Poio (Pontevedra). A mobilización serviu para esixir un convenio colectivo xusto, con salarios dignos e condicións laborais equitativas, en igualdade co resto das provincias galegas.

    Un convenio bloqueado mentres aumentan os beneficios empresariais

    A protesta forma parte do calendario de accións impulsado polas centrais sindicais ante o bloqueo da negociación do convenio colectivo do comercio da alimentación de Ourense, paralizado dende hai meses.

    Durante a concentración, denunciouse que empresas como Froiz, Gadis ou Cuevas, con beneficios millonarios e en constante expansión, manteñen ao persoal ourensán con salarios conxelados, xornadas intensas e sen avances en dereitos laborais.

    Recoñecemento ao esforzo: compromiso e dignidade

    Desde a Federación de Servizos de CCOO Galicia, lembrouse que o persoal do sector demostrou un compromiso exemplar durante a pandemia, garantindo o abastecemento e o funcionamento das tendas en situacións críticas. Agora, esíxese que ese esforzo sexa recoñecido con melloras salariais e sociais reais.

    As mobilizacións continúan

    Esta acción únese ás xa realizadas e ás previstas para os próximos días. O martes 24 terá lugar unha nova concentración en Ourense diante da sede de Cuevas, e o mércores 25 outra diante da sede de Gadis no polígono da Piadela (Betanzos), onde tamén se convocou unha rolda de prensa.

    Desde CCOO non imos permitir que se nos siga ignorando. O convenio de alimentación de Ourense debe reflectir a realidade do sector e o esforzo do seu persoal.

    concentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourense

  • Convenio comercio de alimentación de Ourense: Gadis, Cuevas e Froiz baixo presión

    As centrais sindicais USO, CIG, CCOO e UGT, tivemos unha asemblea conxunta co persoal do sector comercio da alimentación en Ourense, onde reafirmamos a nosa unidade de acción para facer fronte á patronal.

    A patronal (Gadis, Cuevas e Froiz) segue negándose a recoñecer a desigualdade salarial que sufrimos, alegando que o custo da vida aquí é menor. Nós rexeitamos esa escusa: o noso traballo é o mesmo!

    Na asemblea, que tivo apoio unánime, acordamos intensificar as medidas de presión para conseguir un convenio xusto:

    Dúas concentracións semanais de xornada completa diante das tendas máis importantes das empresas implicadas, para informar á clientela sobre esta inxustiza.

    • Próximas concentracións:
    • 23, 24 e 25 de xuño de 11:00 a 12:00 horas nas seguintes ubicacións:
      • Día 25 – Central Loxistica de GADIS en Piadela – A Coruña
      • Día 24 – Central Loxistica de Cuevas en Ourense.
      • Día 23 – Central Loxística de FROIZ en Poio – Pontevedra.

    As seguintes concentración celebraranse en horario de 10:30 a 12:30 e 19:30 ata peche, os seguintes días: Ler máis

    ____________________________________

    enlightenedActualización: Imaxes da concentración do día 24 de xuño diante do centro loxístico de Grupo Cuevas

    concentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourenseconcentración convenio comercio alimentación Ourense

    LUNS 30 XUÑO E VENRES 4 DE XULLO:

    • GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
    • GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
    • GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
    • FROIZ As Lagoas, Av. Alfonso Rodríguez Castelao, 2, 32004
    • AQUIÉ Rúa Doutor Fleming, 30, 32003 Ourense

    LUNS 7 XULLO E VENRES 11 DE XULLO:

    • GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
    • GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
    • GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
    • FROIZ Av. da Habana, 35, 32003 Ourense
    • PLENUS Rúa dos Remedios, 58, 32002 Ourense

    LUNS 14 XULLO E VENRES 18 DE XULLO:

    • GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
    • GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
    • GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
    • FROIZ As Lagoas, Avenida Alfonso Rodríguez Castelao, 2, 32004 Ourense
    • Cash Cuevas Pol. Industrial S. Cibrao, Rúa 3, 5, 32901, S. Cibrao das Viñas, Ourense.

    LUNS 28 XULLO E VENRES 1 DE AGOSTO:

    • GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
    • GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
    • GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
    • FROIZ Av. da Habana, 35, 32003 Ourense
    • AQUIÉ Rúa Doutor Fleming, 30, 32003 Ourense

    LUNS 30 XUÑO E VENRES 4 DE XULLO:

    • GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
    • GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
    • GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
    • FROIZ As Lagoas, Avenida Alfonso Rodríguez Castelao, 2, 32004 Ourense
    • AQUIÉ Rúa Doutor Fleming, 30, 32003 Ourense

    Xornadas de folga mensuais, que convocaremos cada mes mentres a patronal manteña a súa postura. As dúas primeiras están previstas para o 24 e 26 de xullo, ao ser festivo o día 25.

    As centrais sindicais e as persoas traballadoras reiteramos o noso compromiso coa defensa dunhas condicións salariais xustas e equitativas, buscando equiparar os salarios de Ourense cos do resto de provincias.

    Non aceptaremos ser man de obra de segunda!!!

    Circular 18.06.2025 "Gadis, Cuevas e Froiz baixo presión"