Categoría: Union Intercom. Ourense

  • Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA

    A Comisión Executiva da
    Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de
    setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección
    Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid
    o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de
    Funcionamento
    do mesmo.

    A Dirección Provisional de CCOO
    Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este
    proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de
    seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de
    2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en
    Galicia.

    Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES

  • CCOO Servizos gaña de novo as eleccións en Generali Ourense e Vigo

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións
    sindicais celebradas nos centros de Generali en Ourense e Vigo, que se celebraron no día de hoxe. A candidatura proposta polo
    sindicato logrou un delegado en Ourense, mentres que CIG, que presenteou candidatura por primeira vez, non conseguiu representación. En canto a Vigo obtivo un delegado e cada unha das dúas oficinas.

    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada.  
  • Mobilizacións en Ourense contra o ERE do Grupo Banco Popular

    Tras as mobilizacións en todos os territorios do pasado día 20 e tamén de xornadas anteriores, onte mércores, 26 de outubro, o persoal saímos á rúa para defender os nosos postos de traballo, a Dirección do Grupo cedeu á reivindicación de CCOO, admitindo que NON SOBRAMOS 2900 persoas en Banco Popular e Banco Pastor.
    Na quinta reunión da Mesa Negociadora, a Dirección situou a nova cifra en 2.592 persoas, reducindo en aproximadamente uns 400 o total dos 3.000 despedimentos anunciados ao inicio.
    CCOO opoñémonos a este proceso de Despedimento Colectivo, do cal os traballadores non tiveron ningunha culpa, aínda que agora a paguen. Con todo, a reforma laboral -a Lei actualmente vixente- obríganos a todos a buscar o mellor acordo, se é posible.
    • Por iso CCOO esiximos a mellora das condicións dos despedimentos e o respecto da voluntariedade.
    • Por iso CCOO continuamos a nosa loita para reducir os efectos deste salvaxe Despedimento Colectivo
    • Por iso CCOO seguimos negociando e, unha vez conseguida unha primeira redución do número de persoas afectadas polo proceso, presentamos na Mesa Negociadora a nosa plataforma.
    A próxima mobilización está convocada para o día  2 de novembro ás 18:00 en Lugo, Comenzando en Rúa da Raiña ( B Pastor OP) e rematando en Praza Maior (B Popular OP)
  • Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO

    A
    Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos
    acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a
    renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca
    mediante a presente Plenario Rexional de
    afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA
    de todos os centros en Galicia, o próximo 24
    de outubro en Santiago de Compostela no Polígono San Lázaro en
    Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.

    Con
    este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á
    afiliación a
    cerca de como se
    pode organizar a sección sindical en Galicia,
    debater os
    documentos do plenario estatal, e escoller
    dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección
    sindical de CCOO en Paradores.

    Para
    máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte
    ligazón
     e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu
    centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as
    achegas que se consideren oportunas.

    Para
    calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na
    dirección de correo electrónico:
    direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

    Atentamente.

    CCOO
    Servizos Galicia

    Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES

  • Xornada de loita na Hostalaría e o Turismo

    Hoxe, 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo 2016. Por iso CCOO, UGT e varias asociacións profesionais organizan un día de mobilización en todo o estado para denunciar a situación dos traballadores do sector: explotación laboral, baixos salarios, inseguridade no traballo, a falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización, a fin de non aplicar os acordos colectivos sectoriais para rebaixar salarios en preto de 40%, como no caso das camareiras de piso.
    Este movemento reivindica o dereito a condicións de traballo dignas, emprego estable e con dereitos, o recoñecemento da profesionalidade e conseguir o relanzamento da negociación colectiva para recuperar os dereitos e o poder adquisitivo dos salarios, para reverter a externalización e obter o recoñecemento das enfermidades profesionais. En definitiva loitar por un emprego decente e un salario para deixar de ser «A CARA B DO TURISMO EN ESPAÑA». Porque o plantel do sector turístico ten pouco que celebrar e moito que reclamar.
    Segundo os datos de CCOO, os datos dos primeiros oito primeiros meses do ano amosan unha recuperación da actividade turística. Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015. Con todo, esta aparente bonanza non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados, que só medrou un 2,52 %, e «aínda por riba» máis do 90% das contratacións son eventuais.