Categoría: Union Intercom. Ourense

  • Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia

    O Consello Federal reunido o 14 de setembro de
    2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que
    terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.

    O proceso congresual iniciarase o día doce de
    decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente,
    culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.

    Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento
    específico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .

    Anexo GL Anexo ES

  • A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos

    A
    Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das
    declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes
    Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das
    devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a
    competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a
    creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para
    atender un horario comercial máis amplo.

    É
    necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai
    moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao
    rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar. 

    Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue

    Por
    suposto non aceptamos tampouco que se defina ao comercio como un
    servizo público, ANGED confunde e esquécese de engadir a
    preposición e definilo como o que realmente é, «un servizo para
    o público».

    Entendemos
    que o desafío do comercio hoxe pasa por entender as necesidades do
    consumidor ofrecéndolle o que necesita e mantendo un bo ambiente
    laboral nas tendas para que o traballador poida desenvolver o seu
    traballo en condicións óptimas, e non en fomentar o consumo
    irresponsable e baixar prezos á conta das condicións laborais dos
    traballadores.

    Por
    último, se ANGED o que propón é que nos acheguemos ás condicións
    de libre apertura de Portugal, nós propomos achegarnos ás
    condicións doutros países onde tamén no comercio se pode conciliar
    a vida familiar e laboral.

    En
    definitiva estamos de acordo en afrontar ese debate coherente sobre o
    futuro do comercio, sempre que sexa iso (coherente), e non busque
    precarizar aínda máis as condicións xa de seu inasumibles de todos
    os traballadores e traballadoras do comercio, e considerando que 12
    horas ao día 6 días á semana son máis que suficientes para
    atender ao consumidor.

  • Saímos de novo á rúa: ABANCA despide inxustamente. READMISIÓN!!

    Tal como informábamos o día vinte deste mes, volvemos a concentrarnos esixindo a readmisión do compañeiro despedido.

  • Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia

    No
    día de hoxe reuníronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados
    e delegadas de ALCAMPO de Galicia.

    Este
    ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes
    Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de
    Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar
    estas negociacións.

    O
    obxetivo desta xuntanza :

    • Debatir
      e propoñer os temas e puntos para a negociación.

    • Elaborar
      puntos para incluir na plataforma de CCOO.

    • Información
      e traslación da negociación.

    Todos
    os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical
    Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais
    Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.

  • CCOO Servizos gaña as eleccións en Zara Ourense

    A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións
    sindicais celebradas hoxe en Zara Ourense. Despois dun proceso conflitivo, a candidatura proposta polo
    sindicato logrou tres delegados, mentres que UGT e USO acadaron un e CIG non conseguiu representación.

    Resulta especialmente positivo este resultado, así como o apoio recibido polas candidaturas de CCOO tanto no colexio de técnicos como no de especialistas, por canto gaña as votacións nos dous ámbitos electorais e, nesta ocasión, competindo con outras tres candidaturas sindicais, mentres que hai catro anos só se presentara CCOO, que obtivera catro delegados, e CIG un.

    CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
    proceso electoral e a confianza depositada.