Categoría: Union Intercom. Ourense

  • Loita polos teus dereitos: Comercio alimentación de Ourense… En folga!!

    As persoas traballadoras do comercio alimentación dicimos BASTA XA! Nas asembleas celebradas o 8 de maio decidimos que NON estamos dispostas a seguir soportando a discriminación nas condicións salariais e sociais do convenio en Ourense. Por UNANIMIDADE, acordouse convocar unha xornada de folga o venres 16 de maio de 2025.

    Non se pode seguir xogando coa precariedade mentres as empresas da patronal acumulan beneficios escandalosos mentres nós seguimos sendo de segunda.
     

    Cando comeza a folga?

    A folga comeza legalmente o xoves 15 de maio ás 22:00 horas, para que tamén poidan sumarse as/os que entren en quenda nocturna. A mobilización manterase durante todo o venres 16 de maio no sector do Comercio Alimentación dos concellos da provincia de Ourense.
     

    Onde e cando reunirse?

    Convócase a todo o persoal das empresas afectadas para secundar a folga e reunirse ás 7:30 da mañá diante da Casa Sindical no parque de San Lázaro, desde onde se organizarán os piquetes informativos.
     

    Manifestación

    Ás 12:00 horas realizarase unha manifestación que partirá do Gadis de O Couto, percorrendo as tendas da cidade.

    A túa participación é fundamental desde primeira hora, así como a asistencia á manifestación. Só coa unión de todas e todos conseguiremos mellorar as nosas condicións laborais.
     

    Desde a representación sindical LEMBRAMOS

    • A folga é un dereito fundamental da Constitución e está legalmente comunicada.
    • Tes dereito a participar e a faltar ao traballo o día 16 de maio.
    • Non existen servizos mínimos obrigatorios neste sector. Se alguén che di o contrario, avísanos de inmediato.
    • Non tes que informar á empresa se vas facer folga, nin responder a preguntas dos responsables de tenda sobre a túa decisión. Xa o saberán no momento de secundala.
    • Non poden substituírte por persoal doutras tendas ou provincias. Se isto ocorre, denunciaremos a situación.
    • O desconto polo día de folga é de 1,4 días de salario segundo a categoría e nómina. Se che falan de cantidades esaxeradas, non te deixes enganar: é para desanimarte.
    •  A folga é un dereito. A túa participación é imprescindible se queres mellorar as túas condicións de traballo.
    • A perda dun día de salario compénsase de sobra coas melloras que entre todas e todos podemos conseguir.

     

    Comparativa convenio comercio alimentación Ourense

     

    Circular 12.05.2025

    Circular 08.05.2025

  • Convenio comercio alimentación Ourense: Asembleas en acción, se a patronal non escoita, responderemos!!

    O sector do comercio da alimentación en Ourense está a demostrar que non vai tolerar máis ser tratado como persoal de segunda. Tras anos de salarios estancados no SMI, mentres a patronal presume de beneficios espectaculares, o persoal respondeu con forza e unidade.

    O pasado 30 de abril, persoas traballadoras do sector participaron nas concentracións convocadas polos catro sindicatos (CCOO, UGT, CIG e USO) diante dos principais supermercados da cidade: Froiz das Lagoas, Gadis de Concello, Aquié en Dr. Fleming, Froiz de Habana, Plenus Remedios e Gadis do Couto. As protestas foron un éxito rotundo, visibilizando a indignación e a determinación do sector. A resposta do persoal foi masiva, deixando claro que a loita polos dereitos laborais conta co apoio da maioría.

    Unha patronal inmóbil ante propostas xustas
    Na mesa de negociación, a patronal segue sen escoitar a principal demanda do persoal:
    • Salariais: 18.100 € anuais para 2025 e 19.500 € para 2026.
    • Resto: Equiparación das mellores condicións do resto de provincias galegas.
    En Ourense, queremos e temos dereito a xogar na primeira división.

    Asemblea decisiva o 8 de maio
    Ante esta situación, os sindicatos mantemos a unidade de acción e convocamos a todo o persoal a unha asemblea decisiva para decidir os próximos pasos e posibles novas mobilizacións:
    • Xoves, 8 de maio
    • Sala Sindical do edificio de sindicatos, San Lázaro
    • Horarios: 11:00 e 18:00

    Mensaxe clara da representación sindical
    “As concentracións foron un éxito e demostraron que non estamos dispostos a seguir sendo o último furgón de cola”, as organizacións sindicais témolo claro. “Se a patronal non muda de postura, a loita continuará e as mobilizacións escalarán. A dignidade non se negocia”.

    folga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourensefolga comercio alimentación Ourense

    Circular 06.05.2025

  • Convenio comercio alimentación Ourense: Nós SI queremos negociar

    Pretender que a negociación se realice con mediadores e non, como sempre, na mesa, é unha nova tomadura de pelo. Os catro sindicatos estamos preparados para traballar desde unha clara e inequívoca unidade de acción sindical.

    Desde a representación sindical dicimos que este é o momento de que se escoite a voz dos cadros de persoal para conseguir, por fin, o obxectivo: Un convenio digno, con salarios e condicións laborais equiparables ao resto de compañeiros e compañeiras doutras provincias.

    yes Concentraremos toda a nosa forza

    Mércores, 30 de abril

    • 12:00 a 12:30 : FROIZ das lagoas (Alfonso Castelao 2)
    • 12:45 a 13:15 : GADIS de Concello (Rua Concello 5)
    • 13:30 a 14:00 : AQUIÉ (Doctor Fleming 30-32)
    • 18:00 a 18:30 : FROIZ de Habana (Avenida Habana 35)
    • 18:45 a 19:15 : PLENUS Remedios (Remedios 58)
    • 19:30 a 20:00 : GADIS do Couto ( Ervedelo 52)

    Para que a túa voz soe con forza, participa!  Xuntas e xuntos, somos máis fortes.  A loita é de todas e todos.

    ____________________________________

    enlightenedActualización: Durante todo o día, mobilizámonos diante de supermercados da provincia. As traballadoras e traballadores da alimentación dicimos: ABONDA XA! Non queremos ser máis unha excepción. Queremos un convenio digno, como o do resto de provincias!

    convenio comercio alimentación ourenseconvenio comercio alimentación ourenseconvenio comercio alimentación ourenseconvenio comercio alimentación ourense

    Circular 02.05.2025

    Circular 25.04.2025

    Circular 23.04.2025

    Circular 09.04.2025

  • Abonda XA! O persoal de Stradivarius Ourense ten a mesma dignidade e dereitos que outras tendas do grupo Inditex

    angry Non somos menos que outras tendas de Stradivarius! Esiximos os horarios 3-2-1 (3 tardes, 2 mañás e 1 día libre) para poder conciliar a nosa vida laboral e persoal.

    •  A situación económica do noso centro non é peor ca doutras tendas onde xa se aplican estes horarios. É só unha cuestión de vontade empresarial!
    • Inditex discrimínanos en Ourense. Négase a aplicar un modelo xusto e mantennos como traballadoras de segunda dentro do grupo.
    • NON O IMOS PERMITIR. Queremos os mesmos dereitos que as nosas compañeiras doutras provincias.

     

    CONCENTRACIÓN

    Xoves 3 de abril
    12:00 h
    Centro Comercial PonteVella

    enlightenedAcode e fagámonos escoitar! Xuntas somos máis fortes.

  • Vivamos como galegos, pero non coma escravos en GADIS!!

    Convocamos a todos os traballadores e traballadoras a mobilizarse este luns 16 de decembro, ás 12:00 horas diante do GADIS da rúa Concello (Ourense).

    NON IMOS CALAR! Mentres GADIS acumula millóns en beneficios, o seu persoal sofre explotación, incumprimentos legais e acoso laboral. Por iso, organizámonos e loitamos por un cambio que non pode esperar.

    Cal é o problema?

    GADIS está vulnerando os nosos dereitos básicos como traballadores:

    • Non quere negociar co comité de empresa os asuntos salariais, remítenos ao convenio colectivo de alimentación.
    • Non respecta os descansos semanais obrigatorios, incumprindo o convenio colectivo.
    • Ameaza con peches de tendas e endurecemento dos horarios cando lle esiximos que cumpra coa lei.
    • Obriga a soportar unha sobrecarga laboral insostible, porque non cobren baixas, vacacións ou permisos.
    • Non paga os excesos de xornada realizados, un auténtico abuso que só agrava a precariedade.

    Ademais, moitos compañeiros e compañeiras denuncian situacións de acoso laboral por parte dalgúns encargados/as, que actúan como se non houbese normas nin respecto polas persoas traballadoras.

    Por que nos mobilizamos?

    Os traballadores e traballadoras de GADIS decidimos dicir: Abonda xa! Non estamos dispostos a seguir sendo tratados como escravos modernos. Loitamos por:

    • Respecto: Condicións laborais saudables, sen acoso nin abusos.
    • Cobertura das ausencias: Substitución de baixas, vacacións ou permisos, evitando a sobrecarga dos equipos.
    • Compensación económica xusta: Que se recoñeza a antigüidade e se paguen os excesos de xornada.
    • Melloras salariais: Revisión xusta que reflicta o custo da vida actual e o esforzo realizado en áreas como pescadería, carnicería ou reposición.

    Chamamos á solidariedade de todos e todas

    A explotación ten límites! Non podemos aceptar que GADIS, mentres se enriquece ás nosas costas, nos leve á precariedade laboral e á deterioración da nosa saúde física e mental.

    Se ti tamén estás farto/a de que as empresas abusen do seu poder, únete a nós este luns, 16 de decembro, ás 12:00 horas, diante do GADIS da rúa Concello en Ourense.

    Xuntos somos máis fortes. Non temos medo!

    Organizan: CCOO, USO, CIG

    ____________________________________

    enlightenedActualización: O 16 de decembro concentrámonos contra a explotación en GADIS. Imaxes e vídeo da concentración:

    Concentración GADISconcentración gadisconcentración gadisconcentración gadisconcentración gadisconcentración gadisconcentración gadisconcentracion gadisconcentración gadisconcentración gadis