Categoría: Union Intercom. Santiago Barbanza
-
O sector financeiro de CCOO renova órganos co reto de lograr unha solución non traumática no ERE do Pastor-Popular-Santander
O II Plenario da agrupación do sector financeiro da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, que tivo lugar na Coruña, reelixiu hoxe a Francisco Villares Cousillas como secretario xeral. Os delegados e delegadas tamén votaron os membros da Comisión Executiva que dirixirá os próximos catro anos esta agrupación.
O plenario aprobou por unanimidade unha resolución na que se lle esixe ao Banco Santander unha solución non traumática para o axuste de persoal no grupo bancario. CCOO considera que isto pode conseguirse en boa medida mantendo en Galicia a marca Banco Pastor, xa que a galega é, xunto coa asturiana, case a única comunidade en que a maioría das oficinas presentan duplicidades coas marcas actuais.
Alén desta proposta, CCOO apunta outras alternativas, como medidas de mobilidade funcional e redución «considerable» das idades de prexubilación inicialmente previstas polo banco.
Sindicato líder no sector financeiro
Comisións Obreiras é o sindicato líder no sector financeiro galego, cun 31 % de representación, segundo os resultados das eleccións sindicais nos sectores do aforro, banca, cooperativas de crédito e outros intermediarios financeiros.
Malia o contexto negativo en que tivo que facer o seu traballo, CCOO logrou no último período boa parte dos obxectivos propostos. Entre outros, destaca a preservación do marco sectorial de negociación colectiva ?asináronse os convenios da banca, aforro, rurais e financeiras?, minimizando así a aplicación da reforma laboral. Tamén se gañaron as eleccións sindicais e conseguíronse acordos satisfactorios na maioría dos procesos de reestruturación das empresas do ámbito.
Loita contra a prolongación da xornada
A defensa do emprego e o mantemento da súa calidade tras estes procesos de axuste son prioridades de CCOO para o novo período. Neste punto, CCOO fará fincapé na loita contra a prolongación sistemática da xornada, pois dificulta a conciliación familiar e laboral ?especialmente no caso das mulleres? e deteriora a saúde das persoas.
Resolución aprobada no II Plenario da agrupación do sector financeiro de CCOO [PDF]
-
Ramón Sarmiento: «Estabamos preocupados pola industria galega, pero tras coñecermos o plan do PP aínda o estamos máis»
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras fixo hoxe unha primeira valoración da proposición de lei (PDL) para a implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que presentou pola vía de urxencia o Grupo Parlamentario Popular. O secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, expresou que, se xa estaban preocupados pola situación da industria galega, «a iniciativa do PP multiplica exponencialmente a nosa preocupación».
Acompañado polo responsable de Política Industrial de CCOO-Industria, Pedro Comesaña, pola secretaria xeral de CCOO-Servizos, Lucía Trenor, e polo secretario xeral de Construción e Servizos, Sergio López, Ramón Sarmiento expuxo as eivas da proposta do Grupo Parlamentario Popular, remitida ao sindicato en pleno mes de agosto.
Antes de nada, Sarmiento quixo aclarar que, malia se tratar dunha proposta do Grupo Parlamentario do PP, «realmente a iniciativa parte da Consellaría de Economía, Emprego e Industria, departamento que, de feito, é o que nola remite».
Para o secretario xeral de CCOO, presentar a PDL en pleno agosto e camuflar como proposta dun grupo parlamentario algo que realmente provén da Xunta revela a intención do Goberno de saltar os preceptivos controis e de reducir á mínima expresión a contestación que poida suscitar a súa iniciativa.
O principal aspecto positivo é o recoñecemento expreso «das dificultades que a nosa nación ten para a implantación ou desenvolvemento de novas iniciativas empresariais», apuntou Sarmiento. Con todo, unha análise polo miúdo revela a «traxectoria errática» da Xunta na materia. Tamén «pon en evidencia» as dificultades para coordinar dúas axencias que pertencen á mesma Consellaría: IGAPE e GAIN. «A falta de puntos en común entre os proxectos RIS3 e Axenda Industrial 4.0 é só un exemplo disto», criticou.
Campaña propagandística
A PDL afecta a un gran número de áreas e artigos de diversas leis, sen que en moitos casos se observe a relación coa suposta exposición de motivos, nin tampouco coa urxencia na tramitación. «Parece, máis ben, parte dunha campaña propagandística coa que xustificar a pobre resposta da Xunta» ata o momento, lamentou Sarmiento.
O secretario xeral de CCOO coida que, se o Goberno galego tivese nitidamente identificado o problema, tomaría as medidas de curto prazo que considerase oportunas, sempre da man doutros grupos políticos e sociais. Pero, sobre todo, iría pensando nunha iniciativa de maior profundidade para identificar as forzas subxacentes de cambio estrutural no mundo e como nos están afectando.
Falta de aposta pola innovación
Ramón Sarmiento reprochoulle ao PP que poña énfase en sectores industriais «eminentemente extractivos» e deixe de lado as industriais manufactureiras, de transformación e creación de valor engadido. «Que imaxe ten a Xunta de Galicia e cal é o tipo de país ao que nos queremos parecer?», preguntouse o dirixente sindical.
Medidas abocadas ao fracaso
Por último, o secretario xeral de CCOO instou o PP a que calquera plan industrial ambicioso sexa consensuado co conxunto de forzas políticas e sociais. Do contrario, malia que goce de maioría absoluta no Parlamento, as medidas aplicadas estarán «abocadas ao fracaso».
-
Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego
Unha vez máis, como cada ano, desde a Xunta de Galicia e en cumprimento da lei de horarios comerciais, solicítasenos que entreguemos unha relación de dez domingos e festivos que puidesen considerarse como de posible apertura comercial.A apertura de domingos e festivos en comercio, permite e fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies e o pequeno comercio de proximidade, e coa escusa do incremento de postos de traballo, precariza as condicións das traballadoras e traballadores do sector.A estas alturas, a experiencia xa nos indica claramente que o incremento de horas comerciais non implica un aumento substancial do emprego, senón que máis ben lévanos á precarización das condicións laborais con incrementos abusivos de xornada, con aumento do número de horarios irregulares e impedindo a conciliación da vida laboral e familiar.Ademais a apertura de domingos e festivos, potencia unha perniciosa identificación entre lecer e consumismo desmedido.A Federación de Servizos de CCOO, unha vez máis, realizou un escrito de contestación situándose contra a apertura de domingos e festivos.Podes velo aquí
