Representantes
de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. pedíronlle o pasado luns aos
deputados de En Marea que contribúan a visibilizar os despedimentos
da empresa pública e que presenten unha Proposición Non de Lei
(PNL) na que se propoña que o Congreso inste ao
Goberno a readmitir aos traballadores despedidos. Tamén lles
entregaron un dossier informativo no que se recollen todas as fraudes
de lei que levan denunciando diante da Inspección de Traballo.
David
Bruzos e Yolanda
Díaz, comprometéronse
a atender as súas reivindicacións e aseguráronlles que os apoiarán
na concentración que teñen previsto levar a diante da sede do
Partido Popular na rúa Génova (Madrid) o vindeiro 26 de xaneiro.
Asimesmo representantes de Tragsa-Tragsatec de CC.OO. reuníronse co
deputado no Parlamento de Galicia Abel
Losada,
quen lles trasladou que o Grupo Socialista no Parlamento de Galicia
presentou o pasado día 13/01/16 unha Proposición Non de Lei para
instar ao goberno que deteña o ERE do Grupo Tragsa.
CC.OO.
ten previsto reunirse polo mesmo tema este xoves co grupo Mixto do
Parlamento de Galicia e esperamos que nos vindeiros días nos reciba
o BNG e o PP no Parlamento de Galicia.
|
|
|