O pasado xoves, 11 de xaneiro, celebráronse as eleccións na empresa OFFICE DEPOT Ourense obtendo
un total de catro delegadas e delegados dun total de cinco.
Estas eleccións
corresponden ao personal de trababalladores e traballadoras de Office
Depot, empresa adicada a distribución de material de oficina.
CCOO, a pesar de non ter
representación nesta empresa, non deixou de estar a o lado dos
traballadores e traballadoras e apoialos cando así nolo
solicitaron. Agora eles devolvenronnos esa confianza sobradamente.
CCOO Servizos quere amosar
o seu agradacemento a todas as persoas que participaron neste proceso
e en especial ás que co seu voto depositaron a sua confianza en
Comisións Obreiras.
CCOO Servizos quere dar
tamén os parabéns a todos os traballadores e traballadoras mostrando o noso compromiso para levar a cabo o mellor traballo
posible en defensa dos intereses de todo o persoal.