CCOO denuncia «explotacion laboral» no Froiz de Noia

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia denuncia «explotación laboral» no supermercado Froiz de Noia, situado na rúa Galicia. O sindicato puxo en coñecemento da Dirección da empresa e da autoridade laboral que se realizan xornadas de ata trece horas, cando o máximo legal son nove.

CCOO tamén informou do incumprimento dos descansos legais e do tratamento «humillante e vexatorio», que provocan que moitas empregadas sufran cadros «severos» de ansiedade ou mesmo renunciasen ao seu posto de traballo.

A Federación de Servizos «non vai permitir que esta situación continúe» e anuncia concentracións fronte a este centro de traballo «as veces que sexan precisas» ata que a empresa remate con esta situación.

Convocatoria

  • Día:
    xoves, 8 de febreiro de 2018

  • Hora:
    12 h

  • Lugar:
    diante do Froiz de Noia (rúa Galicia, n.º 26)

  • Asunto:
    Concentración contra a explotación laboral no supermercado
    Froiz de Noia

Flyer