A candidatura de CCOO gañou as eleccións sindicais celebradas
hoxe en Coremain, despois dunhas eleccións parciais anteriores cun
resultado parello para ambas candidaturas.
O sindicato revalidou a
súa maioría cun resultado de 7 delegados, correspondendo 6 para
CIG, cun censo aproximado de 190 traballadoras e traballadores. Cabe
salientar que foi un proceso con incidencias, derivado de expedientes
iniciados pola empresa ao longo da campaña electoral.
CCOO considera moi importante o triunfo nestas eleccións pois
permite continuar na liña de traballo dos últimos meses ademais de
constituír un claro recoñecemento ao traballo desenvolvido.
Por
último, agradecer a todo o persoal a confianza depositada na
candidatura das Comisións Obreiras.