CCOO logra a maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec na Coruña

A candidatura presentada pola Federación de Servizos de CCOO logrou
a maioría absoluta nas eleccións ao comité provincial de Tragsatec
(Grupo Tragsa) na Coruña. A estas eleccións estaban chamadas a
participar 279 persoas, que de maneira maioritaria outorgaron a súa
confianza a Comisións Obreiras.

Nas
eleccións de hai catro anos gañara a CSIF, que obtivera seis
membros dos trece que compoñen o comité; CCOO situárase no segundo
lugar, con cinco, e a UGT completaba a relación con dous. Agora
invertéronse as tornas, tras lograr CCOO sete delegados e delegadas
?maioría absoluta? por cinco da CSIF e só un da UGT.

Recoñecemento
á loita contra o ERE

Desde
CCOO-Servizos salientan que estes «magníficos resultados» son o
«recoñecemento dos nosos compañeiros e compañeiras» ao traballo
realizado por Comisións Obreiras contra o expediente de regulación
de emprego (ERE) no Grupo
Tragsa. Como parte desta loita houbo concentracións fronte ao
Parlamento galego e reunións cos grupos parlamentarios, folga varias
xornadas paros ou reunións con membros do Parlamento europeo, entre
outras iniciativas.

Os
integrantes da candidatura de CCOO comprométense a continuar
traballando «arreo» contra un ERE «inxusto e desproporcionado» e
pola defensa do emprego e da calidade do mesmo dentro do Grupo
Tragsa.

+
Para máis información:

  • Claudio
    Landeira, voceiro de CCOO en Tragsatec: 649 684 220