O 14 de
Decembro, chegouse a un preacordo para a firma do Convenio Colectivo
de Comercio Alimentación da provincia da Coruña.
CCOO
decidiu NON ASINALO
e a decisión, aínda que difícil de tomar, faise desde a
responsabilidade que temos como sindicato na defensa das condicións
laborais dos traballadores e traballadoras do sector.
A
decisión de NON ASINALO non é caprichosa,
tomámola baseándonos nunha serie de temas fundamentais que
queriamos mellorar con respecto ao convenio anterior, unha vez pasado
o máis duro da crise económica e na idea de que presionando á
patronal, poderiamos conseguir un convenio con mellores condicións: Segue
-
NON
REDUCE A XORNADA LABORAL,
cando actualmente o de Comercio Alimentación Coruña é un dos
convenios coa xornada anual máis alta, nin entra a discutir a nosa
pretensión de conseguir un mínimo de sábados libres ao ano como
posible mecanismo para reducir a xornada. -
NON
FALA SOBRE CONTROL DE PRESENZA DIARIO,
cando todos e todas sabemos que se producen excesos de xornadas á
hora de entrada e saída. Horas extras encubertas que non se abonan
nin compensan. Parece que a algúns iso non lles importa. -
Ten uns
INCREMENTOS SALARIAIS INSUFICIENTES,
porque a algunhas das empresas que o asinan, como GADISA ou FROIZ,
éncheselles a boca falando dos seus grandes beneficios nos medios
de comunicación ou nas ceas e reunións de empresa, para logo
propoñer incrementos salariais para os seus persoais que oscilan
entre os 9? ao mes para as categorías máis baixas e 17? ao mes
para as máis altas. -
NON
GARANTE O MANTEMENTO DO PODER ADQUISITIVO,
porque non garante os incrementos salariais en función dun máis
que posible incremento do índice anual de IPC, co que pode pasar
que o IPC se dispare e sexa o persoal quen o asuma para maior
beneficios das empresas. Por exemplo, un IPC do 1,25% no 2017, come
a escasa subida salarial de 9?. VERGOÑOSO.
Nestas
condicións CCOO NON PODÍA ASINAR O CONVENIO
e propoñiamos realizar mobilizacións ao longo da campaña de Nadal,
para sacar á luz pública esta situación e como medida de presión
para que a Patronal atendese ás nosas reivindicacións de mellora.
USO e
UXT, decidiron renunciar ás mobilizacións, encartarse á patronal e
asinar o convenio cunha máis que axustada maioría do 53% de
representatividade.
Asinan e
fano baixo a escusa de que os traballadores e traballadoras non
queren que os sindicatos nos mobilicemos, pero a realidade é que non
deixaron que decidisen como adultos responsables se querían ou non
mobilizarse, tratando ao persoal como nenos aos que hai que tutelar.
Agora
que cada un saque as súas conclusións, asuma as súas
responsabilidades e teña en conta o que pasou á hora de decidir a
quen cede a súa representación cando toquen eleccións sindicais.