ércores 27 de xaneiro de 2016 constituiuse
a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da
Provincia da Coruña, dando inicio ao proceso de negociación.
Un
Convenio de gran relevancia que regula as condicións laborais de
multitude de traballadores e traballadoras de pequenas tendas de
alimentación en toda a provincia, carnicerías, pescaderías,
conxelados, etc, ademais
de grandes cadeas de supermercados como GADIS ou FROIZ, tanto nas
súas tendas como centrais de distribución.

Estamos
convocados no mes de febreiro a unha nova reunión, á que CCOO
acudirá consciente da responsabilidade de conseguir un bo acordo,
que permita mellorar as condicións de traballo dun número tan
importante de persoas que traballan no sector.
Seguiremos
informando puntualmente de todas as novidades ou acontecementos que
vaian aparecendo durante esta negociación, mediante as nosas
ligazóns: