Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña: non imos negociar retrocesos

O día 23 de setembro, a representación da Federación de Servizos participou nunha nova reunión na mesa de negociación do Convenio Colectivo de Comercio
Alimentación da Coruña.

Tras varias reunións
anteriores de intercambio das plataformas de cada unha das partes, por fin entramos en materia.

Ao comezo da
reunión, como declaración previa de intencións e tras analizar
detalladamente a plataforma presentada pola patronal, a
representación de CCOO deixou claro que a negociación deste
convenio ten que pasar por mellorar as condicións do convenio, pero
xamais entraremos a discutir condicións que empeoren o actual.

Nesta reunión
empezamos a tratar artigo por artigo cada un dos diferentes capítulos
do convenio, falando principalmente de contratación, categorías e
xornada, adquirindo ademais o compromiso dunha reunión semanal para
poder avanzar na negociación.

CCOO incidiu
primordialmente nesta reunión no grave problema do sector con
excesos de xornada e horas extras non abonadas, ademais da situación
de precariedade dos contratos de tempo parcial, presentando solucións
mediante a colocación de sistemas de fichaxes ou consolidación de
horas complementarias para que a xente de tempo parcial poida chegar
a ter unha xornada completa e regulada.

https://www.facebook.com/ServizosCCOO

https://twitter.com/servizosccoo