As catro centrais sindicais
con representación na mesa presentamos unha plataforma
reivindicativa unitaria, que estamos a defender conxuntamente para
mellorar as nosas precarias condicións de traballo e salariais.
Logo
de seis xuntanzas de negociación do novo convenio, os sindicatos
USO, CIG, UGT e CCOO temos que vos comunicar o estancamento da
negociación nos termos prioritarios, xa que por parte da patronal
estase a manter unha posición absolutamente inflexible e contraria a
entrar nos temas que entendemos son prioritarios para os e as
traballadoras do comercio. Segue
A patronal négase a posibilitar que as traballadoras a tempo parcial teñan
dereito a cubrir as vacantes que se producen na empresa para poder
incrementar a súa xornada. Unha negativa só explicable desde a
intolerancia da patronal, xa que non supón incremento salarial.
Négase a patronal a poñer límites a contratación parcial. Négase a establecer cando menos algún sábado libre no sector.
Négase a reducir a xornada anual, unha das máis altas de entre
todos os sectores regulados por convenio. E a cambio destas
negativas, ofrece un 0% de incremento para o 2016, un 0,25% para o
2017 e 2018, e un 0,5% para o 2019 e 2020. Unha posición
absolutamente inaceptable.
Si se acadaron avances supeditatos ao acordo final nos temas de
licenzas retribuídas e non retribuídas, garda legal, axuda escolar,
excedenzas por violencia de xenero e póliza de seguros.
É
moi importante que entendades que só coa
implicación do conxunto dos e das traballadoras do Comercio
Alimentación
na negociación do convenio, é posible que melloremos as nosas
condicións de traballo.
De
nada vale queixarse sobre o pouco que cobramos, o moito que
traballamos, e o pouco que descansamos se depois non participamos
cando os sindicatos nos convocan para saber do noso apoio para
mellorar e ter uns salarios dignos.
HAI
QUE PARTICIPAR NAS ASEMBLEAS INFORMATIVAS QUE CONVOCAMOS PARA QUE A
PATRONAL SINTA A NOSA FORZA E CAMBIE A SUA ATITUDE NA MESA DE
NEGOCIACIÓN.
Para
explicar mellor o que está a acontecer na mesa de negociación, os
catro sindicatos decidimos convocar asembleas de sector, para
informar, e para decidir entre todos e todas o camiño a seguir na
negociación deste convenio. A vosa participación é fundamental.
ACUDIDE ÁS ASEMBLEAS!!!.
Calendario
de asembleas:
-
Compostela.
Venres 2 de decembro ás 22:00 horas (10 da noite). Local de UGT.
Rua Miguel Ferro Caveiro 8. San Lázaro. -
Ferrol.
Venres 2 de decembro ás 22:00 horas (10 da noite). Local de CCOO.
Rua Maria 42-44. -
A
Coruña. Venres 2
de decembro ás 22:00 horas (10 da noite). Sala de xuntas edificio
sindical. Rua Alfonso Molina s/n.
O
CONVENIO SON OS NOSOS DIREITOS
COMO
TRABALLADORES E TRABALLADORAS
ENTRE
TODOS E TODAS, HAI QUE LOITAR POR MELLORALO!!!