Convenio Comercio Alimentación Pontevedra: CCOO, CIG, UGT E USO convocan aos traballadores e traballadoras a unha asemblea

O
Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra rematou a
súa vixencia o 31 de decembro de 2015. As centrais sindicais
representadas na mesa de negociación,
CCOO, CIG, UGT e USO,

despois de moitos meses conseguimos comezar as negociacións. Despois
de 13 reunións, a patronal segue mantendo as súas propostas, perder
a maioría de dereitos que temos conqueridos, TODOS
E TODAS.

Non falaron de darnos,
queren quitarnos
. Segue

As
Centrais Sindicais
,
lexitimadas para negociar e presentes no convenio, despois da última
reunión decidimos convocar unha ASEMBLEA
de sector para contarvos polo miúdo o que pretenden estes
empresarios, pero adiantámosvos algo para que o vaiades asimilando:

  • Vixencia,
    cinco anos.

  • Eliminar
    a promoción interna, modificar as categorías profesionais.

  • IT,
    eliminar o 100% de salario.

  • Cambiar
    as compensacións que temos por mobilidade xeográfica.

  • Eliminar
    antigüidade.

E
por suposto, o incremento salarial é CERO para os tres primeiros
anos e 0.25% para os dous últimos.

Ante
esta agresión
tan brutal de perdas de dereitos
,
de perdas económicas, non
podemos estar calados e caladas
,
non podemos estar impasibles, debemos reaccionar e espertar canto
antes, polo que convocamos ASEMBLEAS
que convocamos
en domingo para que todos e todas poidamos participar.

ASEMBLEA
EN VIGO: DÍA 23 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS NOS LOCAIS DA CIG, RÚA
GREGORIO ESPINO, 47

ASEMBLEA
EN PONTEVEDRA: DÍA 23 DE OUTUBRO AS 11:30 NOS LOCAIS SINDICAIS, RÚA
PASANTERÍA.

¡POR
UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!