Convocatorias Asembleas Empresas Agrupadas

Entre os días 10 e 14 de
Febreiro, segundo as normas congresuais aprobadas, ha de convocarse a toda a
afiliación de COMFIA, para que poida participar nas asembleas congresuais que
lles corresponda.

Os afiliados e afiliadas de
empresas de 25 ou máis afiliados en cada provincia, participarán en asembleas
convocadas dende as súas respectivas Seccións Sindicais.

Os afiliados e afiliadas daquelas empresas cuxo censo afiliativo sexa
inferior a 25 persoas participarán agrupados nas seguintes asembleas,
convocadas todas elas por COMFIA Galicia.

 

A Coruña – 12 de
marzo
 

  • Outras empresas agrupadas do sector
    financeiro,
  • Empresas agrupadas do sector Seguros,
    Mutuas, Mediación e Prevención
  • Empresas agrupadas do sector Servizos
    Administrativos  

Na provincia da
Coruña, a vía de participación do persoal laboral do «Sindicato Nacional
de CCOO de Galicia», será unha asemblea de empresa organizada e convocada
por COMFIA Galicia, xa que neste ámbito non se conta con sección sindical
constituída.


Lugo – 12 de
marzo

  • Outras empresas agrupadas do sector
    financeiro,
  • Empresas agrupadas do sector Seguros,
    Mutuas, Mediación e Prevención
  • Outras empresas agrupadas

 

Ourense – 10 de
marzo

  • Outras empresas agrupadas do sector
    financeiro
  • Outras empresas agrupadas

 

Pontevedra – 14
de marzo

  • Outras empresas agrupadas do sector
    financeiro,
  • Empresas agrupadas do sector Seguros,
    Mutuas, Mediación e Prevención
  • Outras empresas agrupadas

Neste ámbito, e por razóns de operatividade,
o órgano convocante das distintas asembleas será COMFIA Galicia.

CUESTIONS COMÚNS

Segundo o previsto nas normas
congresuais, o conxunto dos afiliados recibirán convocatoria a medio de correo electrónico,
SMS ou correo postal no enderezo que figure no SIC (Servizo Informático
Confederal).

Todas as asembleas constarán de
fase deliberativa e fase electiva. A fase deliberativa (debate dos documentos,
debate e votación das emendas presentadas e votación dos documentos) comezará
ás 18.00 h. Para a fase electiva, a urna permanecerá aberta desde unha hora
antes, desde as 17.00 até as 20.00 h., momento en que se procederá ao
escrutinio.

Poderán
participar
nas asembleas as persoas afiliadas a 31.12.2013 que
estean ao corrente de pago, con polo menos un recibo abonado. O censo
correspondente estará dispoñible para a súa consulta por parte dos afiliados e
afiliadas nas sedes provinciais de COMFIA.

Poderanse presentar reclamacións ao censo provisional no tres días seguintes á súa
publicación. Esta reclamación presentarase directamente ao órgano convocante
(COMFIA Galicia, Secretaria de Organización), que a remitirá automaticamente á
Federación Estatal para a súa resolución. A comunicación da resolución federal
e dos prazos para recurso á mesma que podería interporse ante a Confederación,
efectuarase por parte do órgano convocante (COMFIA Galicia, Secretaria de
Organización) á persoa reclamante nos prazos establecidos nas normas aprobadas.

Os censos definitivos
publicaranse nos locais do órgano convocante a partir do día 21 de febreiro de
2014.

As candidaturas para as eleccións previstas nesta convocatoria (Asemblea Congresual COMFIA Nivel
II – Provincial e Congreso Constituinte Nova Federación Nivel II – Provincial),
deberán presentarse do 24 ao 26 de febreiro de 2014 no modelo oficial aprobado
ao efecto, que está a disposición de todas as persoas interesadas nos locais federais. A presentación efectuarase ante o
órgano convocante: COMFIA Galicia, dirixido á Secretaria de Organización,
debendo cumprir os requisitos establecidos nas normas (fotocopias DNI’s,
proporción por xénero, mínimo de 20% de suplentes, etc.).

As candidaturas presentadas
proclamaranse provisionalmente o 27/2/2014, podendo presentarse reclamacións
mediante o mesmo procedemento indicado para a reclamación ao censo.

A proclamación
definitiva de candidaturas
efectuarase entre o 3 e o 6 de marzo de 2014 en
función de que haxa ou non reclamacións.

DOCUMENTOS PARA O DEBATE