Tralas mobilizacións do 8F e 21F, e a folga parcial masiva do pasado 26 de febreiro, cun 84,7% de seguimento, convocamos novas mobilizacións de delegadas e delegados o venres 15M, ás 11:00, en sedes de 8 cidades, como antesala da folga de 24 horas do próximo venres 22 de marzo.
Estas son as cidades onde nos mobilizamos o próximo 15 de marzo, ás 11:00 da mañá, diante de diferentes sedes de entidades financeiras, incluíndo a Xunta de Accionistas do BBVA:
— A Coruña: Sede Abanca (Rua Nova, 30)
— Bilbao: Xunta Accionistas BBVA (Palacio Euskalduna)
— Madrid: Sede Cecabank (Alcalá, 27)
— Barcelona: B. Sabadell (Rambla Cat. 115) a Deutsche Bank (P. Gracia 112)
— Málaga: Sede Unicaja (Av. Andalucía 10-12)
— Zaragoza: Sede Ibercaja (Pza. Paraíso, 2)
— Pamplona: Sede Caja Rural de Navarra (Pza. de los Fueros, 1)
— Murcia: Sede Cajamar en Murcia (Pza. Julián Romea 4)
Ao tempo que convidamos ao resto de sindicatos a unirse, facemos un chamamento ás patronais e empresas para que aposten por avanzar moi significativamente na negociación nos días que quedan até a folga do 22 de marzo, coincidindo coas Xuntas de accionistas de CaixaBank e Banco Santander.
Esiximos ás patronais de Banca, Aforro e Cooperativas de Crédito "que escoiten o clamor do persoal, que falou na folga do 26 de febreiro, e mostren unha vontade de achegamento real, con propostas acordes cos beneficios récord do sector, co aumento de retribucións da alta dirección, cos dividendos que reparten aos seus accionistas e co que reivindican e merecen as súas traballadoras e traballadores, o principal activo do sector financeiro".