O mércores 6 de setembro mantivemos unha nova reunión do Convenio
Colectivo de Comercio Alimentación da Coruña.
O punto primordial da reunión era pedir que a patronal clarificase a
pseudo-plataforma que entregou na reunión anterior que non
detallaba as pretensións que tiña respecto a cada un dos apartados
negociables: salarios, xornada, contratación, etc.
Unha vez detallada a Plataforma Patronal, xa nos queda clara a súa
intención de modificar todos os aspectos do convenio. Poñemos como
exemplo das súas pretensións as seguintes:
– Incrementar o tempo necesario para promocionar de nivel.
– Incrementar os períodos de proba.
– Dar carta branca ao contrato de interinidade para evitar
incrementar a contratación indefinida.
– Dar máis facilidades para a contratación a tempo parcial con
horarios irregulares que poñen a plena disposición da empresa.
– Abonar como hora ordinaria as horas extras diarias e reducir o pago
das de domingos e festivos.
– Recortar e complicar a xustificación das licenzas retribuídas.
– Reducir o abono do salario en caso de enfermidade e complicar a
xustificación mediante actuación das mutuas.
– Eliminar calquera posibilidade de concreción horaria por
maternidade e reducir os días de lactación.
– Un convenio para cinco anos cuns Incrementos salariais ridículos:
2016.- 0%
2017.- 0,25%
2018.- 0,25%
2019.- 0,5%
2020.- 0,5%
– E para rematar preséntannos un intento de modificación do réxime
disciplinario que polo seu tamaño e detalle parécese máis a unha
copia do Código Penal ou da famosa ?Lei Mordaza?, que facilita a
sanción ou o despedimento case polo feito simple de respirar.
Unha vez máis, a patronal do Comercio Alimentación vai ao seu, e
esquécese dos problemas dos traballadores e traballadoras do sector:
– Falta de control de presenza mediante fichaxe, con excesos de
xornadas e horas extras realizadas e non abonadas.
– Precariedade salarial e exceso de contratación a tempo parcial.
– Imposibilidade de conciliación da vida laboral e familiar.
– Nula intención de mellorar en materia de saúde laboral e
prevención de riscos.
Sen dúbida seguimos moi afastados e cunha visión totalmente
diferente da situación actual: onde eles falan de crise, nós, dos
datos reais sobre a mellora da economía, como indican os seus
propios informes sobre o incemento de beneficios presentados nos
medios de comunicación.