Despois do acordo asinado o pasado mes de xuño
sobre bolsa de horas, neste mes de decembro a representación de CCOO
en Adecco Outsourcing
SAU da provincia
de Pontevedra alcanzamos un novo acordo coa empresa, esta vez sobre
licenzas retribuídas, plus de distancia/desprazamento, entrega de
vestiario e mobilidade xeográfica. Este acordo, como o anterior foi
referendado en asemblea e por unanimidade dos asistentes.
Doutra banda, temos pendente un acordo sobre salarios que esperamos
se poda asinar a finais do presente mes de decembro para que sexa de
aplicación xa no ano 2017. Esta negociación baséase na procura do
incremento de salarios sobre a base de acadar, nun período por
determinar, os establecidos no sector de referencia, neste caso o de
loxística da provincia de Pontevedra. Segue
As melloras producidas nos apartados acordados sobre o establecido
ata o momento, que ao tratarse dunha empresa sen convenio regulador,
eran as establecidas no Estatuto dos Traballadores, son as seguintes:
Permisos retribuídos:
-
Por matrimonio de pais, pais políticos, fillos, irmáns así como
dalgunha outra persoa que conviva co traballador: 1 día natural -
Por nacemento de fillo: 3 días laborables.
-
Por falecemento de cónxuxe ou fillos: 10 días naturais.
-
Por falecemento de pais ou irmáns: 5 días naturais.
-
Por falecemento de familiares de 1º e 2º grao por afinidade: 3
días naturais. -
Por hospitalización ou intervención cirúrxica de pais, cónxuxe
ou fillos: 4 días naturais -
Por hospitalización ou intervención cirúrxica de familiares ata
2º grao de afinidade: 3 días. -
En todos os casos de licenzas, que se requira un
desprazamento de máis de 40 Km. ao centro hospitalario aumentarase
1 días natural ou 2 días se se producise fóra
da Comunidade Autónoma de Galicia. -
Por asistencia a consultorio médico 13 horas anuais salvo por
enfermidade grave ou médico especialista que será polo tempo
indispensable e sen límite. Destas 13 horas non se detraerán as
ausencias por indisposición acaecida durante a xornada de traballo
xustificadas con xustificante médico. -
tempo indispensable para acompañamento de
familiares de 1º grao ou irmáns a sesións de radio/quimio
terapia. -
Por acompañamento ao médico de fillos menores de 14 anos cun
límite de 16 horas anuais, salvo por enfermidade considerada grave
que non tería límite.
Plus de distancia/desprazamento para aqueles traballadores
cuxo domicilio diste do centro de traballo máis de 40 Km., 20 eur. mes, ou entre 40 e 60 Km. 25 eur.mes, ou máis de 60 Km. 30 eur.mes.
Establécese a posibilidade de mobilidade
xeográfica aos límites da provincia
de Pontevedra.
Establécese o pago
da nómina o primeiro día hábil de
cada mes.
Por último, agradecer e
recoñecer o gran traballo
da representación de CCOO neste Comité de Empresa e animar
aos seus integrantes a seguir nesta liña.