Paralízanse as mobilizacións de comercio vario da Coruña ante a convocatoria da constitución da mesa negociadora

As mobilizacións realizadas pola CIG, CCOO e UGT no sector do comercio vario da provincia da Coruña deron resultado, pois as patronais convocaron unha xuntanza o vindeiro 21 de novembro, na que se constituirá a mesa negociadora. Por esta razón, paralízanse as mobilizacións previstas para os seguintes días.

Este primeiro paso permítenos desbloquear a negociación. Agora, o noso obxectivo é insistir ata conseguir o asinamento dun novo convenio.
 As tres centrais sindicais informarán puntualmente da situación da negociación.

Comunicado conxunto